Reclaman a Melide maior protección do patrimonio nas Festas de San Roque
Apatrigal solicita un aumento da seguridade do cruceiro situado no campo da orquestra, trasladando as súas queixas ao Concello

Valado empregado no ano 2025. / Cedida
Iker Cotón
A falta de tres días para o inicio das Festas de San Roque, que comezarán o 14 de agosto coa actuación da orquestra Panorama, a Asociación Para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) solicita ao Concello medidas efectivas para garantir a protección dun cruceiro situado na zona das orquestras durante as festas.
Dende APATRIGAL quéixanse da protección instalada polo goberno municipal durante os últimos anos, que consideran que deixa ao monumento histórico situado o a moi escasa distancia de estruturas, escaleiras, equipos e instalacións vinculadas ao espectáculo. Escúdanse na Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia, que establece un contorno de protección subsidiario de 20 metros para os cruceiros, nos supostos nos que non exista outro especificamente delimitado.
Ampáranse tamén na Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, que prohibe os espectáculos que se desenvolvan "sen que estea garantida a indemnidade dos bens".
Dende APATRIGAL non cuestionan a celebración das Festas de San Roque nin a importancia que estas teñen para a vila, pero consideran imprescindible que as festividades sexan compatibles coa conservación do patrimonio cultural. Fan fincapé en todos os factores que poderían ocasionar danos no monumento: circulación de vehículos, montaxe e desmontaxe, concentración de público, emisión de son...
Solicitudes ao Concello
Dende APATRIGAL solicitan que se determine e respecte de maneira efectiva o ámbito de protección aplicable ao cruceiro establecendo unha zona de protección física suficiente, que impida que vehículos, equipos ou outros elementos do espectáculo se aproximen indebidamente ao monumento.
Pídenlle tamén ao Concello que informe previamente sobre todas as instalacións previstas nas inmediacións do cruceiro, avaliando especificamente os posibles riscos para a súa conservación e que se adopten medidas específicas para evitar danos derivados de golpes, cargas ou vibracións. Ademais, esixen ao goberno local que se advirta ao técnico urbanístico municipal da súa responsabilidade en materia legal.
Dende a asociación afirman con rotundidade que "as festas duran uns días, pero o patrimonio é o legado que debemos transmitir ás seguintes xeracións".
APATRIGAL trasladou tamén as súas queixas mediante un comunicado á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, solicitando a intervención e supervisión da protección deste cruceiro histórico. Róganlle que se determine se as instalacións previstas para os espectáculos resultan compatibles co réxime de protección aplicable ao ben e ao seu contorno e que, se o considera procedente, se requira ao Concello de Melide para que adopte as medidas necesarias para garantir a indemnidade do cruceiro durante a montaxe, celebración e desmontaxe dos espectáculos.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas