Uso residencial de baixos, reactivación de licenzas e remate de edificios 'aparcados' pola crise: así medra a vivenda en Carballo
Na rúa San Juan Bautista retómanse as obras dun bloque que levaba 46 anos inacabado
No ámbito de Rego da Balsa rescatouse un permiso urbanístico para un novo inmoble

Edificio da rúa San Juan Bautista que vai ser rematado despois de 46 anos. / Cedida
O mercado residencial de Carballo continúa dando sinais de reactivación. Á recuperación de edificios que permaneceron durante décadas inacabados e aos novos proxectos públicos e privados previstos para os próximos anos súmanse agora novas actuacións de menor escala que permiten incorporar vivenda ao mercado aproveitando tanto novos solares como inmobles xa existentes.
A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión celebrada este luns licenzas para tres novas vivendas: unha unifamiliar de nova construción na avenida dos Abetos e outras dúas que se crearán mediante a transformación de antigos locais comerciais situados nas rúas Perú e Camilo José Cela. A estes proxectos engádese a reforma e ampliación dunha casa existente en Cances Grande.
Estes catro proxectos residenciais autorizados mobilizarán ao redor de 460.000 euros de investimento. Especialmente significativo resulta o aproveitamento de baixos comerciais que pasarán a ter uso residencial, unha fórmula que permite incrementar a oferta de vivenda dentro da trama urbana consolidada sen necesidade de consumir novo solo.
Recuperación de edificios inacabados
Estas novas licenzas coinciden cunha tendencia que se vén facendo cada vez máis visible no ámbito urbano: a recuperación de edificios e estruturas que quedaron paralizados durante anteriores crises inmobiliarias.
Un dos exemplos máis singulares é o edificio do número 19 da rúa San Xoán Bautista, unha estrutura iniciada en 1980 e que permaneceu durante 46 anos sen rematar. A licenza concedida recentemente permitirá completar o inmoble cun investimento superior aos 700.000 euros e incorporar ao mercado 14 vivendas, 9 prazas de garaxe e 14 rochos.
Tamén no mes de maio se autorizou o remate doutro bloque residencial na rúa Enrique Labarta Pose, neste caso cun investimento de 1,4 millóns de euros, que permitirá crear 19 vivendas, 20 garaxes e 21 rochos. Actuacións semellantes están en marcha noutros puntos da vila, como as rúas Vila de Caión, Sol ou Cuba.
O fenómeno permite recuperar tanto edificios que quedaron a medio construír durante a crise inmobiliaria de finais dos anos setenta e principios dos oitenta como estruturas procedentes do estoupido da burbulla inmobiliaria de 2008.
Fronte ao modelo expansivo de décadas anteriores, esta nova etapa está permitindo encher baleiros urbanos, recuperar estruturas abandonadas e aproveitar mellor a trama urbana xa construída.
O Rego da Balsa, novo polo residencial
O exemplo de maior dimensión desta transformación sitúase no ámbito do Rego da Balsa, onde nos próximos anos confluirán diferentes iniciativas públicas e privadas.
Os novos propietarios do complexo Costa Nariga, coñecido popularmente como Riotorto, iniciaron recentemente os trámites para reactivar a súa licenza de obra e culminar un proxecto que prevé 67 vivendas e que permanece paralizado desde a anterior crise inmobiliaria.

Ámbito urbanístico de Rego da Balsa. / Cedida
No mesmo ámbito está prevista a promoción de 75 vivendas públicas por parte da Xunta de Galicia nunha parcela cedida gratuitamente polo Concello de Carballo. A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia presentou no mes de maio a solicitude de conformidade coa ordenación urbanística, trámite previo para poder avanzar na execución do proxecto.
A estas iniciativas sumarase unha nova actuación estatal. O Consello de Ministros incluíu Carballo entre os 22 proxectos que desenvolverá a empresa pública Casa 47, antiga Sepes, dentro das políticas destinadas a incrementar o parque de vivenda asequible.
Ao outro lado da avenida Ponte da Pedra tamén avanza a construción dunha promoción privada de 46 vivendas, practicamente esgotadas xa durante a fase de preventa, mentres que no solar contiguo xa se anuncia unha futura promoción, aínda sen tramitación urbanística iniciada.
Vinte anos despois do máximo inmobiliario de 2006, cando se chegaron a solicitar licenzas para 1.138 vivendas nun único ano, Carballo afronta un escenario moi diferente: máis centrado na rexeneración urbana, na recuperación do patrimonio construído e na creación de vivenda dentro dunha cidade máis compacta e cohesionada.

Futuros arquitectos poñen a ollada en Pedra do Sal
Durante os dous próximos cursos, alumnado de segundo curso da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña traballará sobre o ámbito urbanístico de Pedra do Sal, en Carballo, dentro da materia Proxectos Arquitectónicos.
Analizarán o territorio, a paisaxe, o espazo público, a mobilidade e a relación co litoral para elaborar as súas propias propostas e imaxinar novas posibilidades para o futuro da zona.
O profesorado responsable do proxecto mantivo xa unha primeira xuntanza co alcalde, Daniel Pérez, para poñer en marcha esta colaboración en torno a un proxecto de dous anos de estudo, ideas e novas miradas sobre un dos espazos máis singulares de Carballo.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”