A Xuntanza Clásicos Terra de Melide congregará setenta vehículos anteriores a 1992
A cita será o 19 de setembro e os coches permanecerán expostos no Pazo de Congresos

O alcalde de Melide, no centro, cos promotores da Xuntanza Clásicos Terra de Melide. / Cedida
O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e membros da Asociación Clásicos Terra de Melide presentaron este martes a sexta edición da Xuntanza Clásicos Terra de Melide, que se celebrará o sábado 19 de setembro.
Como en edicións previas, está prevista a participación duns 70 vehículos clásicos procedentes de distintos puntos de Galicia aos que se teñen sumado, en ocasións anteriores, participantes de Asturias.
Os coches permanecerán expostos no Pazo de Congresos de Melide ata a unha do mediodía, polo que veciñanza, visitantes e persoas afeccionadas ao motor poderán achegarse para contemplalos.
Tras a exposición, os participantes realizarán unha ruta pola contorna de Melide e, posteriormente, compartirán un xantar no Mesón de Folgoso, que adoita reunir máis de 150 persoas.
Desde a organización explican que o límite para participar está fixado en vehículos anteriores ao ano 1992, polo que adoitan reunirse coches antigos que espertan un gran interese entre o público. Ademais, sinalan que as persoas que se inscriben adoitan quedar moi satisfeitas coa experiencia e o entorno, e que moitas delas repiten en edicións posteriores.
As prazas para participar son limitadas. As inscricións poden realizarse por teléfono ou WhatsApp nos números 608 684 719, 638 063 055 e 618 490 138.
O rexedor agradeceu o compromiso da Asociación Clásicos Terra de Melide por impulsar unha iniciativa que alcanza xa a súa sexta edición e destacou que "ademais de poñer en valor vehículos que forman parte da nosa historia, contribúe a atraer visitantes e dinamizar a actividade no municipio e na comarca".
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Hallan en el convento pontevedrés de Santa Clara un cerebro saponificado, restos de niños y el cadáver de un capellán
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia