Melide responde a Apatrigal pola protección do cruceiro máis antigo de Galicia
A asociación solicitou ao goberno municipal unha maior protección do cruceiro situado na zona das orquestras

Cruceiro de Melide. / Turismo de Melide
Iker Cotón
A falta de dous días para o comezo das Festas de San Roque en Melide, a Asociación Para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) solicita ao Concello medidas de protección para un dos cruceiros que está situado moi preto da zona das orquestras.
Dende APATRIGAL solicitan a aplicación da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia, que establece un contorno de protección subsidiario de 20 metros para os cruceiros, nos supostos nos que non exista outro especificamente delimitado; xa que consideran que na edición anterior das festas non se cumpreu con estas esixencias legais.
Este cruceiro de pedra atópase ao carón da igrexa de San Roque. Coñecido como "Cruceiro de Melide", para moitos é o máis antigo de Galicia, probablemente do século XIV. O anverso tallado en pedra representa a un Cristo Maxestade sedente, mostrando as chagas das mans e cun pano que lle cobre as pernas, e o reverso representa un Calvario.
Resposta do Concello
Dende o Concello de Melide responden de xeito claro: "Temos un compromiso firme coa defensa dos bens culturais, mostra é que este Goberno restaurou ese mesmo cruceiro poñéndoo en valor. Consideramos suficiente a protección que se vai realizar do cruceiro, que a súa vez permitirá que as festas, que supoñen un importante motor económico para Melide, se poidan realizar no seu emprazamento tradicional".
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson