Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Municipal

O PP de Santiago solicita unha actuación na rúa dos Caraveis despois de tres anos de obras

Adrián Villa, concelleiro do PP de Santiago, lamenta que o goberno local non leve a cabo a moción aprobada no ano 2024 que solicitaba unha actuación urxente na rúa dos Caraveis

Imaxe da vía afectada.

Imaxe da vía afectada. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A rúa dos Caraveis leva pechada dende o ano 2023. O tránsito por esta vía quedou prohibido parcialmente nun primeiro momento e, depois, dende xaneiro de 2024, de xeito total. O PPdeG solicita unha actuación inmediata para non alongar máis esta situación.

Adrián Villa, concelleiro do Partido Popular de Santiago, acusou ao goberno do BNG de “irresponsable” e de “darlle as costas aos veciños” polas actuacións no barrio que non chegan.

O concelleiro explica que, ao non poder transitarse pola rúa dos Caraveis, a única alternativa dos veciños para acceder ás súas vivendas e ao monte de Moas de Abaixo é a través da rúa de Vidán. Villa asegura que, como consecuencia do aumento do tráfico, o firme da vía alternativa estase vendo danado, incluso afundíndose á altura do lavadoiro.

O político subliñou a aprobación dunha moción presentada polo PP de Santiago no ano 2024 na que se solicitaba unha actuación urxente na zona. O obxectivo deste acordo era garantir o acceso e a seguridade dos inmobles. Villa lamenta que esa moción aprobada por unanimidade non se vise reflectida na rúa.

Adrián Villa remarca que “os populares súmanse á indignación da veciñanza, que xa hai dous anos que mostra a súa preocupación”. Ademais, lembrou que a esta situación engádense outras demandas do barrio que tamén están sen atender.

TEMAS

Tracking Pixel Contents