Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Trasmonte arrinca unha fin de semana de música e troula

Actuacións musicais, sesión vermú e búsqueda do tesouro para a cativada, entre as actividades destacadas da fin de semana

Feira do Monte celebrada no campo da festa de Trasmonte.

Feira do Monte celebrada no campo da festa de Trasmonte. / Concello de Ames

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

A parroquia de Trasmonte, no concello de Ames, dá este venres o pistoletazo de saída a unha fin de semana de festas. Serán tres días de festexos con música, inchables e unha busca do tesouro para os máis cativos.

Esta é a segunda edición das festas, despois de vinte anos de inactividade festiva na parroquia. A troula dará comezo hoxe, ás 22.00 horas, coa música de Trío Manhattan e disco móbil Impacto.

Este sábado 15, Trasmonte celebrará o día grande das súas festas. Ás 13.15 horas oficiarase a misa solemne, cantada pola Coral Polifónica Antonio Santomil, de Bugallido. Ao rematar, dará comezo a sesión vermú a cargo do grupo The Voice, dende as 14.30 horas. A busca do tesouro comezará ás 20.00 horas, onde os nenos e nenas da comarca farán de detectives nesta divertida actividade. A xornada rematará cunha gran verbena amenizada pola disco móbil Fabrik e o Trío Alborada, que dará comezo ás 23.00 horas e se alongará durante a madrugada.

Este domingo 16 terá lugar unha misa solemne ás 13.15 horas. Ao remate da mesma, ás 14.00 horas, o grupo Deluxe actuará na derradeira sesión vermú da fin de semana. Pola noite, a partir das 21.00 horas, o rock galego de Broken Peach poñerá fin a unha fin de semana cargada de actividades en Trasmonte.

Cartel das Festas de Trasmonte.

Cartel das Festas de Trasmonte. / Iker Cotón

Deste xeito, Trasmonte recupera por segundo ano consecutivo a súa cita festiva tras dúas décadas sen celebracións, cunha programación pensada para todos os públicos e que combina tradición, música e actividades para os máis pequenos. Unha fin de semana na que a parroquia volverá encher as súas rúas de festa e actividade.

Tracking Pixel Contents