Ames abre a convocatoria de axudas para familias numerosas
O orzamento para as axudas ascende aos 100.000 euros e o prazo para presentar estas solicitudes remata o 14 de setembro

Familia desfrutando dos inchables da Volta ao Cole en Ames. / Cedida
Iker Cotón
O Concello de Ames abre o prazo para presentar as solicitudes da convocatoria de axudas para familias numerosas. A contía total destinada aos subsidios é de 100.000 euros e o prazo para presentar as solicitudes remata o 14 de setembro.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro situadas tanto na Casa do Concello como na oficina municipal de Milladoiro.
Requisitos de renda
O importe das subvencións será de 1.200 euros por familia, agás no caso das familias monoparentais, que recibirán 1.500 euros. No caso das familias en réxime de acollemento temporal, a contía calcularase en función da duración do acollemento.
As persoas solicitantes deberán presentar a declaración do IRPF do exercicio 2025. As familias deberán cumprir tamén uns límites de ingresos e patrimonio, que varían en función do número de fillos. Para tres fillos, os ingresos anuais non poderán superar os 14.108 euros, mentres que para catro serán 16.734 euros e para cinco, 18.990 euros. O límite aumenta progresivamente ata os 25.274 euros para oito fillos. A partir do noveno, o máximo increméntase en 1.803 euros por cada membro adicional.
No caso do patrimonio, o límite será de 36.636 euros para familias con tres fillos e irá aumentando ata os 77.343 euros para as familias con oito. Por cada membro adicional, engádense 8.141 euros ao límite.
Requisitos específicos
No caso de que un dos proxenitores se atope traballando fóra de Galicia e non figure empadroado en Ames, deberá acreditalo con copia do contrato de traballo e calquera outro documento que certifique a residencia efectiva. No caso das familias monoparentais, só se requerirá o empadronamento dun ano de antigüidade da persoa que teña a custodia das fillas ou fillos.
Non poderán recibir estas axudas os proxenitores que non teñan a patria potestade dos seus fillos ou cuxa curatela estea asumida por unha institución pública. Se un mesmo menor forma parte de dúas familias numerosas, a axuda concederase ao proxenitor que teña a súa custodia.
A concelleira de Benestar Social, Uxía García, destaca que “estas axudas teñen o obxectivo de axudar a aquelas familias que máis dificultades económicas teñan para a crianza das súas fillas e fillos, á fixación de poboación e á continuidade do crecemento demográfico do concello”.
Ademais da sede electrónica do Concello de Ames ou os dos dous puntos de atención presencial (a Casa do Concello e a oficina municipal do Milladoiro), poderanse presentar as solicitudes a través de calquera outro dos medios ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Hallan en el convento pontevedrés de Santa Clara un cerebro saponificado, restos de niños y el cadáver de un capellán
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia