Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A antiga fábrica de Cerqueira de Ribeira será un espazo multiusos aberto á cidadanía

A enquisa participativa, con 192 respostas, aposta por conservar a identidade mariñeira e conserveira do inmoble e convertelo nun punto de encontro para actividades culturais, sociais e asociativas.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, coas chaves da antiga fábrica de conservas Cerqueira, adquirida polo Concello.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, coas chaves da antiga fábrica de conservas Cerqueira, adquirida polo Concello. / Concello de Ribeira

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

A antiga fábrica de Cerqueira, en Bandourrío, apunta a converterse nun novo espazo multiusos para Ribeira. Esta é a principal conclusión da enquisa participativa realizada para decidir o futuro do inmoble, que recibiu 192 respostas e aposta por combinar a conservación da súa identidade mariñeira e conserveira coa creación dun espazo aberto á cidadanía.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reuniuse con representantes da Asociación Social e Cultural Bandourrío para analizar conxuntamente os resultados extraídos da enquisa. A resposa da cidadanía mediante a enquisa está en consonancia coa proposta presentada por parte da Asociación de Bandourrío ara a recuperación e posta en valor deste espazo que conta con máis de 1.200 sinaturas presenciais, máis de 750 apoios dixitais e máis de 30 achegas do tecido asociativo.

Esta iniciativa busca dotar á nave con equipamento municipal público para empregar o recinto na realización de ctividades culturais, sociais, formativas, deportivas, asociativas, comerciais e vinculadas á identidade mariñeira. Deste xeito, fúxese da idea de destinar o edificio a un único uso.

Así, a edificación poderá acoller mercados e feiras; concertos de pequeno e mediano formato; exposicións de gran formato; obradoiros, cursos e xornadas; así como accións vinculadas á actividade turística, entre outras propostas.

Participación veciñal

María Sampedro mantén a participación veciñal no centro da toma de decisións respecto á antiga fábrica de Cerqueira: "Cremos que a veciñanza debe formar parte activa da acción municipal, nesta ocasión, cun edificio emblemático como é Cerqueira de cara a revitalizar a zona de Bandourrío. Hai que escoitar para acertar. E este goberno é algo que demostra con accións. Agradecemos o tempo dedicado pola sociedade ribeirense na participación desta enquisa. Son datos moi valiosos que nos axudarán cara o futuro uso da nave".

A rexedora tamén destacou o traballo da da Asociación Social e Cultural de Bandourrío. "Consideramos que a maneira correcta de proceder era compartir estes datos coa entidade desta zona. Xa coñeciamos a iniciativa que eles promovían e presentaron unha exhaustiva proposta para Cerqueira, tanto para o que supón para o propio inmoble como para a súa contorna próxima e, por suposto, para toda Ribeira. Analizamos que o extraído da enquisa encaixa coa visión que eles tamén defenden. Porque Cerqueira ten futuro."

TEMAS

Tracking Pixel Contents