Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Éxito total nos cursos de natación e piragüismo de Ames coa participación de 140 nenos e nenas

As piscinas municipais e a praia fluvial de Tapia acolleron durante o verán diferentes actividades deportivas para os máis pequenos

Rapaces nos cursos de natación de Ames.

Rapaces nos cursos de natación de Ames. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O Concello de Ames organizou nos meses de xullo e agosto os xa habituais cursos de natación de verán, nas pistinas descubertas de Bertamiráns e Milladoiro, nos que participaron 117 nenos e nenas. En xullo participaron 59 menores e en agosto outros 58, repartidos entre ambas localidades.

Por outra banda, na praia fluvial de Tapia tamén se desenvolveron os cursos de pitagüismo, que contaron con 23 participantes. Os máis de vinte rapaces e rapazas aprenderon todo o necesario para gañar autonomía no uso da piragua e adquirir as destrezas e habilidades básicas para practicar o piragüismo, da man do persoal do club Ribeiras do Tambre.

Horario de piscinas e praia

As piscinas descubertas municipais están abertas ao público xeral desde mediados do mes de xuño. O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns é de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura é de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas. Estas instalacións acuáticas estarán abertas ata o vindeiro día 15 de setembro. O Concello lembra que, durante estes horarios, haberá servizo de vixilancia e socorrismo.

Tracking Pixel Contents