Documentan dende Santa Comba os méritos da ovella enxebre
Esta raza autóctona galega, que antano poboaba as aldeas, sufriu unha forte regresión ata sumar menos de 1.200 ejemplares nos anos 90. E o animal caracterízase pola súa cabeza pequena, perfil recto e cola longa, mantendo a súa identidade a pesar da disminución de censos

Integrantes do grupo Os Uchas de Cícere, de Santa Comba, cun exemplar de ovella galega / Susana Martínez López
O grupo de valedores da memoria xalleira, Jorge Castelo, Roberto López e Sergio Vázquez, vén de analizar a presencia de ovella de raza galega na comunidade, inluíndo Santa Comba, onde os integrantes dos grupos Os Uchas de Cícere (Santa Comba) aparecen retratos cun exemplar nos anos 40. "A raza autóctona de ovella que poboou as nosas aldeas e montes, hoxe conócese como ovella galega, antano era a que había", destacan no seu sitio O Son da Curuxa, onde lamentan que o censo destes animais nos anos 90 no alcanzase nin os 1.200 exemplares na comunidade.
Dous ecotipos
Actualmente, estes mozos sinalan que hai quen distingue dous ecotipos dentro da raza ovella galega: o mariñán e o de montaña. Estes diferencianse principalmente no tamaño, sendo os especimes mariñáns de maiores proporcións ca os montañeses. En realidade, están a falar do mesmo tipo de ovella, simplemente que nas zonas de pastos de maior calidade e condicións menos crúas, as poboacións de ruminantes foron dando de si, evolutivamente falando, exemplares máis grandes. Pola contra, na montaña, o gando evolucionou reducindo o tamaño e incrementando a capacidade de aproveitamento de pastos menos bos, facendo que os exemplares montañeses fosen algo máis rústicos e adaptados ao seu medio. Con todo, seguen a referirse á especie 'Ovis gmelini aries' e a raza ovella galega.
Diferenzas profundas
Pero sendo un pouco máis técnicos, si que observan diferenzas moi profundas entre a especie da terra dos mil ríos e as demáis da península. "Guiándonos novamente pola obra Raza ovina gallega e polo catálogo Guía de campo de las razas autóctonas españolas, entran en detalles un pouco máis técnicos e que poden ser bastante abraiantes mesmo", lembran.
Así, subliñan que a ovella galega é unha raza autóctona ben diferenciada dentro do panorama ovino español, cunha identidade marcada tanto pola súa adaptación ao medio como polo seu comportamento produtivo e reprodutivo. A pesar da forte regresión histórica do seu censo en Galicia, que como xa vimos foi das máis acusadas xunto con gando cabrún e equino, esta raza mantívose distribuída por toda comunidade con sobresaíntes censos na provincia de Lugo e zonas de Ourense (dentro do declive que se estaba dando para a raza).
Os exemplares enxebres presentan unha cabeza pequena, de perfil recto ou lixeiramente subcóncavo, con fronte ancha, cara alongada e estreita, nariz longa e fuciño fino. Os machos adoitan ter cornos, xeralmente en espiral dobre, mentres que as femias carecen deles ou só presentan rudimentos. É habitual a presenza de moña, e as orellas son medianas e horizontais. O pescozo é pouco musculado e de lonxitude media.O tronco é estreito e ben proporcionado, cunha liña dorso-lumbar recta ou algo ascendente cara a unha grupa curta e lixeiramente caída. O rabo é longo e de inserción baixa, característica da raza, e os ubres están ben desenvolvidos en relación co tamaño corporal.
Patas finas
As extremidades son moi finas, sin la e ben aliñadas. A cor é branca uniforme en xeral pero tamén con posibles exemplares totalmente negros. Mesmo poden aparecer manchas castañas ou cobrizas na cabeza e nas extremidades. O vellón é uniforme, entrefino ou basto e cubre o tronco estendéndose ata os carpos, tarsos, pescozo e parte da cabeza. A pel é de grosor medio e sen pregues. En canto ao tamaño, no ecotipo de montaña as femias miden aproximadamente entre 44 e 58 cm de alzada e pesan 20–35 kg, e os machos entre 55 e 65 cm e 30–40 kg. No ecotipo mariñán, as dimensións son maiores.
:
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas