CULTURA
A Semana do Teatro e das Artes Escénicas de Cee pon a muller no centro da súa programación
O Auditorio Baldomero Cores convértese no epicentro teatral galego do 18 ao 23 de agosto

Representación de 'Bernarda' da compañía Mala Sombra. / Cedida
O Auditorio Baldomero Cores, de Cee, será o epicentro do teatro en Galicia desde mañá, día 18, ata o domingo 23, con motivo da Semana do Teatro e das Artes Escénicas: Á EsCEEna!.
O programa deste ano ten a muller e ao universo feminino, con todo o que o rodea, como gran protagonista. Compañías de gran tradición teatral como Teatro do Noroeste, Malasobra ou Noite Bohemia comparten cartel con propostas novidosas como a de La Griot´te.
Un festival consolidado
Actrices e actores consagrados como Luisa Merelas, Luma Gómez ou Avelino González, compartirán escenario coas novas actrices de Noite Bohemia, Sandra Gade ou Paula Pier. E na dirección, grandes da escena galega como Eduardo Alonso; José L. Prieto ou Javier Fernández Mariño deixarán o seu selo nunha nova edición dun festival de teatro consolidado e que é un referente durante o mes de agosto en Galicia.
O pano erguerase mañá, día 18 ás 21.00 horas, coa posta en escena de Polo de Franco, a cargo de Teatro do Noroeste. O mércores 19 será a quenda de Verdeveras, que presentará As formas do amor e o xoves, día 20, Malasombra Producións porá en escena Bernarda.
O venres 21 a compañía La Griot´te presentará o espectáculo Todas temos a mesma historia; o sábado 22 subirá ao escenario Avelino González para presentar o monólogo Eran elas! O ciclo chegará á súa fin o domingo 23 coa posta en escena de Yerma, a cargo de Noite Bohemia.
Horarios e bonos
Todas as funcións comezarán ás 21.00 horas. Xa están á venda na Biblioteca Francisco Mayán os bonos para asistir a todas as funcións programadas. O prezo do bono xeral é de 22 euros e o de pensionistas, estudantes e desempregados custa 15 €. Ademais cada día poderán mercarse na taquilla as entradas individuais por espectáculo: xeral a 7 euros, e a bonificada a 5 €.
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- El pueblo a 20 minutos de Santiago donde comer callos hasta hartarse por 5 euros este septiembre: pazos centenarios, música y naturaleza
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”