PATRIMONIO NATURAL
Denuncian o "abandono" do Anllóns e reclaman coordinación entre a Xunta e os concellos
O PSdeG lamenta que a senda fluvial permaneza intransitable polas árbores caídas e insta Augas de Galicia a actuar

Pérez Abelenda, segundo esquerda, Patricia Iglesias e Lois García, á dereita, en Coristanco. / PSdeG
O PSdeG organizou unha andaina reivindicativa dende A Pontedona ata o Refuxio de Verdes, en Coristanco, para reclamar unha actuación inmediata no río Anllóns e a súa contorna, denunciando que esta se atopa nun "total estado de abandono".
A andaina contou coa participación da deputada autonómica Patricia Iglesias, o voceiro socialista coristanqués José Manuel Pérez Abelenda e do seu homólogo pontecesán Lois García Carballido, entre outros.
"Non podemos permitir que un dos maiores tesouros naturais e turísticos que ten Coristanco, e tamén a comarca de Bergantiños, se vaia deteriorando pola falta de mantemento e de coordinación entre as distintas administracións", destaca Pérez Abelenda.
Coordinación entre Xunta e concellos
Os socialistas piden unha "atención permanente, non actuacións puntuais" e que haxa coordinación entre os distintos concellos da zona e a Xunta de Galicia. "O río Anllóns é moito máis que un río, é un elemento que une concellos, paisaxe, patrimonio e natureza, e ten posibilidades turísticas", subliña Pérez Abelenda.
Pola súa banda, Patricia Iglesias esixe unha actuación inmediata aos concellos de Ponteceso e Coristanco, e "sobre todo, á Xunta e a ese organismo que é Augas de Galicia que ten totalmente abandonado este emblema da comarca de Bergantiños".
Senda pechada por árbores caídas
Iglesias lamenta que "o Anllóns, o corazón da comarca de Bergantiños, teña unha senda chea de árbores caídas que a pechan por completo. Insistiremos no Parlamento e nos concellos".
O PSdeG anuncia máis accións reivindicativas. "Faremos máis para que isto realmente sexa un emblema da comarca de Bergantiños e que se coide como se merece".
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”