Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Humor, música e ritmo para despedir Vimiansol en Vimianzo

A recta final do programa inclúe citas con Las Cossas Nostra, Intringulis e O último que apague a luz.

Concerto do artista Héctor Lera no castelo de Vimianzo.

Concerto do artista Héctor Lera no castelo de Vimianzo. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vimianzo

O programa Vimiansol afronta a recta final en Vimianzo con tres novos espectáculos. O venres, día 21, ás 20.30 horas, a Praza do Concello acollerá Las Cossas Nostra, unha proposta escénica pensada para gozar dunha noite de verán chea de humor e ritmo.

O sábado, día 22 ás 22.00 horas, no mesmo escenario, Adrián Conde presentará Intringulis, un espectáculo que conxuga malabares, maxia, humor e improvisación. O ciclo pecharase o día 29 de agosto. A Vela Circo traerá a Vimianzo o show O último que apague a luz. A cita será ás 21.00 horas na Praza do Concello.

Tracking Pixel Contents