TURISMO
A Laracha ofrece cinco rutas guiadas para descubrir o seu patrimonio e a súa historia
O programa abordará desde os primeiros poboadores ata a herdanza marítima e etnográfica

A primeira cita será o día 26 de agosto no castro de Montes Claros. / Cedida
O Concello pon en marcha A Laracha no tempo, un novo programa de visitas guiadas que convida a percorrer a historia do municipio a través dalgúns dos seus principais elementos patrimoniais. A proposta combina divulgación histórica, cultura e turismo e permitirá achegarse a diferentes lugares e espazos que forman parte da identidade larachesa.
As cinco citas están organizadas seguindo un fío cronolóxico, de maneira que o programa parte das primeiras poboacións coñecidas no territorio e avanza ata épocas máis recentes. A visita inicial será o 26 de agosto, ás 18.00 horas, no castro de Montes Claros, nunha achega ao mundo castrexo e ás comunidades que habitaron estas terras na antigüidade.
A segunda cita será o 2 de setembro, tamén ás 18.00 horas, no mosteiro de San Pedro de Soandres, o elemento do patrimonio arquitectónico máis destacado do municipio. A visita permitirá coñecer a historia deste antigo templo, cuxas orixes se sitúan no século X, así como a súa importancia ao longo da historia.

Cartel promocional do programa A Laracha no tempo. / Cedida
O programa continuará o 5 de setembro, ás 12.00 horas, na capela de Santa Margarida de Montemaior para coñecer a historia e as características do templo e o seu vínculo co territorio no que se localiza, cunha fonte milagreira e o antigo hospital de peregrinos, hoxe transformado en centro sociocultural, nas súas inmediacións.
A seguinte cita levará o programa ata Caión o 12 de setembro, ás 12.00 horas, cun percorrido pola vila para descubrir o seu patrimonio e a pegada da súa historia ligada ao mar. As súas rúas, edificios e espazos públicos servirán como fío condutor para coñecer a evolución da localidade.
Finalmente, o 19 de setembro, ás 12.00 horas, A Laracha no tempo chegará ao Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar cunha visita guiada. Esta última cita estará dedicada ao patrimonio etnográfico e permitirá coñecer o funcionamento dos muíños de auga e a importancia que tiveron no aproveitamento tradicional dos recursos naturais.
Requírese inscrición
Para poder participar requírese inscrición previa, que pode facerse en liña cubrindo o formulario dispoñible nas redes sociais municipais ou contactando coa Oficina de Información Turística de Caión ou co Museo dos Muíños de Golmar (museodegolmar@alaracha.gal ou 647828559)
Con A Laracha no tempo o Concello propón "unha maneira diferente de achegarse ao patrimonio local, non só como un conxunto de monumentos e lugares de interese, senón como unha forma de coñecer e entender a historia do municipio e das persoas que o foron construíndo ao longo do tempo", subliñan dende o goberno local.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas