“Non había nunca onde sentarse”: A Pobra pecha o Carme dos Pincheiros con gran afluencia
A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, destaca a elevada afluencia de público, o impacto positivo na hostalería e o traballo dos servizos municipais durante os días de celebración

Imaxe de arquivo dos San Juerguines. / Cedida
Iker Cotón
As festas do Carme dos Pincheiros baixan o pano despois de varios días de celebración marcados pola elevada afluencia de público e por un tempo que acompañou ao programa festivo. A Pobra do Caramiñal volveu vibrar coas súas festas estivas, unha cita que ano tras ano atrae a milleiros de persoas á vila mariñeira.
Desde o Concello fan un balance positivo dunha nova edición destas festas mariñeiras, que se desenvolveron sen incidentes de relevancia. Agora, coas festas xa rematadas, chega o momento de facer balance dunha cita que ano tras ano fai que a vila baile ao compás de xigantes e cabezudos, se molle da festa da auga e rexuveneza durante os Sanjuerguines.
Valoración positiva
A concelleira de Cultura da Pobra, Patricia Lojo, fai unha valoración moi positiva das festas: "Desde o Concello estamos moi contentos. A verdade é que saíron moi ben, o tempo non puido ser mellor e iso animou moito á xente". Destaca o traballo -non sempre sinxelo, ao tratarse dunhas festas con moita afluencia- dos operativos municipais: "Os nosos operativos traballaron ben. Houbo pequenas cousas, pero foi un ano no que transcorreron sen grandes acontecementos malos, a verdade. Estamos contentos, tanto a nivel do Concello como a nivel de Protección Civil e da Policía".

Patricia Lojo, con membros da comisión de festas do Carme dos Pincheiros. / Cedida
Para Patricia, o punto máis destacado da fin de semana foron "os Sanjuerguines, que conseguiron mobilizar a moitísima xente durante todo o día, tanto no desfile como nos DJs pola noite". Isto non quere dicir que o resto de xornadas a vila non estivese ateigada de veciños e visitantes: "Na Praza Maior houbo xente todos os días. Outros eventos, como os desfiles de xigantes e cabezudos, tamén reuniron moito público".
Toda esta afluencia de persoas ten un impacto moi positivo nos negocios da vila: "Eu pasei por varias rúas e non había nunca onde sentarse, porque eu creo que foi un impacto moi positivo. Economicamente é un impulso moi grande", recalca a concelleira.

Desfile de xigantes e cabezudos na Pobra do Caramiñal. | CEDIDA / Cedida
Toda esta ledicia que xorde coas celebracións do Carme dos Pincheiros ten moitas horas de traballo detrás. En palabras de Patricia, "É un traballo complicado, porque se triplica, máis ou menos, todo: a cantidade de xente, os servizos de limpeza, os operativos... Todo ten que ir organizado cada día para atender á vila. Non é fácil chegar a todos os sitios e que todo vaia perfectísimo: a limpeza, a recollida do lixo...".
A concelleira aproveita para lembrar o duro esforzo de todos os operativos municipais, que deron todo de si para que estas festas puidesen ser todo un éxito: "Teño que agradecer a todo o persoal municipal que traballa durante estes días, porque as brigadas están aí, a tope, para que a vila estea o mellor posible e para que a xente poida desfrutar. Para iso, as brigadas están traballando desde moi cedo pola mañá, para que o pobo apareza todo limpo. Son moitas cousas que non se ven, porque, claro, a xente desfruta, que é normal", conclúe a edil.
Coas festas xa rematadas, o Concello prepárase para a celebración das festas do Nazareno en setembro, unha celebración con raíces no século XV que tamén reúne grandes multitudes na vila mariñeira.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”