GASTRONOMÍA
Valga servirá mil tapas na Festa da Anguía
Celebrarase o 29 de agosto xunto coa Mostra da Caña do País

Presentación da Festa da Anguía e da Mostra da Caña do País, en Valga. / Cedida
Valga xa conta os días para a XXXVI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, declarada de Interese Turístico de Galicia, que terá lugar o sábado 29 de agosto.

Cartel promocional da Festa da Anguía e da Mostra da Caña do País, de Valga. / Cedida
Os asistentes poderán degustar 1.000 tapas de anguía en cinco receitas diferentes: catro elaboradas polo cociñeiro Álex Iglesias e a quinta cociñada polo bar O Pontellón, que foi o gañador do primeiro premio da última edición da ruta Tapa a Anguía co petisco Bombón Pontellón, unha croqueta de anguía rebozada en pasta kataife sobre chutney de mazá.
Este ano, as alternativas para degustar a anguía multiplícanse posto que a Ruta Tapa a Anguía, que se celebrará nas dúas últimas fins de semana de agosto, conta co número de participantes máis elevado das últimas edicións. Serán un total de trece os establecementos de hostalería que ofrezan petiscos de balde coas consumicións: Bar Pardal, Pastelería Caprichos, Bar Maneiro, Bar Potel, Café-Bar Pontellón, Bar Juan, Restaurante A Charca, Café-Pub Pirata, Café-Bar Couceiro, Café-Bar Xa Bou, Cafetería Auditorio, Casa Comparada e Bar Alba.

Cartel da Festa da Anguía e Mostra de Caña do País, de Valga. / Cedida
As tapas serviranse os sábados 22 e 29 de agosto, de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas, e os domingos 23 e 30 de agosto de 12.00 a 15.00 horas.

Cartel promocional da Ruta-Concurso Tapa a Anguía. / Cedida
En canto á augardente, as persoas que se acheguen na noite do día 29 ao Parque Irmás Dios Mosquera poderán adquirir ata catro variedades de cócteles elaborados con caña branca, de herbas e tostada. Ademais, no Centro de Interpretación da Caña terá lugar a demostración de destilado tradicional da augardente a cargo de dous cañeiros de Valga, na que se farán dúas potadas de caña branca e de herbas. E, á medianoite, haberá unha gran queimada popular gratuíta, con conxuro e espectáculo a cargo do Bruxo Queiman.
Para os máis cativos, durante a tarde do sábado 29 celebrarase unha gran festa infantil con inchables para diferentes idades, obradoiros e festa da escuma.

Cartel promocional do concerto do Bruxo Queiman. / Cedida
Outro dos actos relevantes da xornada central será a entrega de premios do Concurso da Caña do País: Embelecer Valga para elixir o cartel anunciador da festa, das mellores tapas e aos gañadores dos vales de compra da Ruta Tapa a Anguía.
O pregón da festa correrá a cargo de Antía Piñeiro, mestra titora da escola de Vilarello e candidata a mellor profesora de España dos Premios Educa Abanca.
No apartado musical, está previsto un concerto da Banda Municipal de Valga, o espectáculo Queiman Folk-Rock e a verbena coas orquestras París de Noia e Marbella.
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- Avalancha de solicitudes para ayudas a la vivienda con 410 pisos en ciernes en la comarca: 'É o máis importante da miña vida
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Vuelve el calor veraniego a Galicia: los termómetros superarán los 30 grados este fin de semana