Boqueixón investirá 70.000 euros na ampliación da rede de saneamento
O Concello realizará accións en seis aldeas para avanzar cara ao obxectivo de cubrir os 105 núcleos do municipio

Comezan as obras de saneamento en Boqueixón. / Cedida
Iker Cotón
O Concello de Boqueixón licita dous proxectos de ampliación e mellora da rede municipal de saneamento. O investimento estará preto dos 70.000 euros e beneficiará a seis aldeas do municipio.
Esta iniciativa achega ao concello ao seu obxectivo de levar o saneamento á totalidade dos 105 núcleos do municipio. Olivio Rodeiro, alcalde de Boqueixón, cualifica esta meta do 100% de saneamento como “algo excepcional para un pequeno municipio rural que xa ten conseguido algo sen parangón no resto da provincia: que o 100% da veciñanza teña acceso a un abastecemento de auga de calidade”.
O primeiro proxecto adxudicado centrarase na ampliación da rede de saneamento en Deseiro de Abaixo e Quián (Sergude), A Granxola (Codeso) e Loureda (Loureda). Esta actuación suporá a instalación de 485 metros de tubaxe, 15 pozos de rexistro e 5 arquetas de conexión.
O segundo proxecto provén dun plan municipal elaborado hai dous anos, en 2024, que busca mellorar o saneamento das vivendas afastadas dun núcleo de poboación. Para isto utilizaranse fosas sépticas comúns con sistemas de infiltración no terreo para a depuración das augas residuais destes pequenos grupos de vivendas. Así, evitaríase a instalación de moitos quilómetros de tubaxe.
Esta segunda actuación levarase a cabo nas aldeas de Espiñeira (Lamas) e Frenza (Sucira). Instalarase un sistema de saneamento composto por unha fosa séptica horizontal de poliéster reforzado con fibra de vidro e con dúas cámaras nos dous núcleos. Ademais, levarase a cabo a instalación dunha arqueta de toma de mostras e un pozo de infiltración, con recheo de grava. Con este proxecto, prevese dar servizo a sete vivendas de Espiñeira e outras sete vivendas de Frenza.
Os dous proxectos de mellora da rede municipal de saneamento foron adxudicados a Hermanos Couto Fandiño SL, o primeiro, por un valor de 40.000 euros e, o segundo, por un importe de 29.725 euros
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»