Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CAMPAÑA

Punto Rojo en Baio con ofertas comerciais, cine, música e ruta de tapas

Do 21 ao 23 de agosto, a vila converterase nun epicentro de compras e actividades de lecer

Os comercios de Baio ofrecerán descontros de entre o 20 e o 50%.

Os comercios de Baio ofrecerán descontros de entre o 20 e o 50%. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Zas

Descontos de entre o 20 e o 50%, cine, música, unha ruta de tapas e ata un tren turístico é o que se atoparán quen acuda esta fin de semana a Baio con motivo dunha nova edición da campaña Punto Rojo, promovida polo Concello de Zas e a Asociación BaiON.

Do 21 ao 23 de agosto a vila baiesa converterase en capital comercial. Os establecementos adheridos á campaña abrirán de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e ao longo de todo o día haberá tamén postos nas rúas con saldos e produtos de segunda man.

Cartel promocional da campaña Punto Rojo, de Baio.

Cartel promocional da campaña Punto Rojo, de Baio. / Cedida

A actividade comercial complementarase con múltiples actividades de lecer. O venres, día 21, a partir das 22.00 horas proxectarase na Praza Jorge Mira a película Sirat. O sábado, día 22 ao mediodía, actuará a agrupación da AC Adro e, pola tarde, animará as rúas de Baio a Charanga O Rumbo.

O domingo, día 23, a música chegará da man da Charanga Os Celtas, ao mediodía, e Santa Compaña, pola tarde. E quen queira coñecer mellor Baio poderán facelo a bordo dun tren turístico, que estará operativo o sábado e o domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Os máis pequenos poderán gozar tamén de diferentes actividades infantís na Praza Jorge Mira.

Tapas a 2,5 euros

A variada oferta lúdica e comercial complementarase cunha Ruta de Tapas por seis locais hostaleiros de Baio. Serviranse a un prezo de 2,5 euros (agás na Lareira), de 12.00 a 16.00 e de 19.00 a 23.00 horas. E ademais de deleitar os padais, os comensais irán sumando participacións para participar no sorteo de 1.600 euros en premios.

Cartel promocional da Ruta de Tapas.

Cartel promocional da Ruta de Tapas. / Cedida

Así, O Calvario ofrece ensaladilla de polbo e raxo con cachelos; Casa Rogelio servirá salpicón Costa da Morte, empanada caseira 'avoa Manola', xamón ao forno en salsa con champiñóns, trufiñas de Unai, tarta de limón e tarta de tres chocolates; Río Grande ofrece xamón asado e fajitas; Mané oferta Perrito 'Mané' e gyozas de lagostino; no Bar Trébol poderán degustarse tacos de salmón e carne, longueirón e mousse de chocolate; e A Lareira elaborará un prato especial de pluma de porco Duroc con froitos do bosque.

TEMAS

Tracking Pixel Contents