QUECEMENTO GLOBAL
Unha fonte seca converterá a praza de Maximino Canedo da Laracha nun refuxio climático
A instalación, financiada pola Consellería de Medio Ambiente, disporá de chorros emerxentes e iluminación integrada

José Manuel López e Paula Arias presentando o proxecto na Laracha. / MONCHO FUENTES
A Xunta de Galicia financiará cunha achega de 59.986,14 euros os traballos de construción dunha fonte seca ou transitable no Concello da Laracha, o que permitirá crear unha lámina de auga móbil en pleno centro urbano e converter a zona da intervención nun refuxio climático no que protexerse das altas temperaturas.
Acompañada polo rexedor municipal, José Manuel López, a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, participou na presentación do proxecto, un dos beneficiarios este ano das axudas convocadas polo seu departamento co obxectivo de promover actuacións a nivel local para previr ou facer fronte aos riscos derivados do quecemento global mediante solucións baseadas na natureza.
Iluminación integrada
En concreto, os traballos executaranse no parque da praza de Maximino Canedo, un espazo público moi popular entre a veciñanza de todas as idades. O eixo principal da intervención consistirá en construír unha fonte cun sistema de chorros de auga emerxentes desde o chan e iluminación integrada, en substitución da actual, que será demolida e retirada. Ademais, tamén se levará a cabo a renovación de todo o pavimento.
Entre as principais vantaxes que ofrece a solución escollida fronte a unha fonte convencional —sobre todo nunha praza e parque arborado con uso peonil e presenza habitual de nenas e nenos— cómpre destacar a versatilidade espacial e a accesibilidade que garante cando a fonte non está activa, ademais do confort climático ligado ao efecto de microclima e do aforro e control dos consumos de auga, o que mellorará a eficiencia.
Mellor calidade de vida
Este é o segundo ano que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convoca axudas para financiar este tipo de actuacións a nivel municipal co fin de converter as entidades locais, como administración máis próxima ao cidadán, en lugares máis verdes, resilientes ao quecemento global e cunha mellor calidade de vida.
Neste sentido, Paula Uría explicou que a achega autonómica pode chegar a cubrir ata o 80% do investimento —como no caso da Laracha—, cun límite de 60.000 euros por proxecto e un máximo de tres solicitudes por concello. No marco da convocatoria deste ano, outorgáronse 32 axudas para apoiar outros tantos proxectos en 31 municipios galegos.
Atenuar o efecto illa de calor
En canto aos tipos de accións subvencionables, son, con carácter xeral, intervencións en espazos públicos orientadas a reforzar a biodiversidade e as zonas verdes de áreas urbanas e periurbanas ou ben a crear refuxios para atenuar o efecto illa de calor, que fai que en zonas das cidades a temperatura sexa máis alta que nas rurais debido a factores relacionados coas propias infraestruturas e coa actividade humana e industrial.
Nesta liña, Paula Uría lembrou que desde o ano pasado e no marco do programa Galicia, refuxio climático, a Consellería leva investidos xa, en total, preto de 4 millóns de euros en actuacións para impulsar 75 proxectos climáticos en concellos de toda a comunidade, incluído o futuro refuxio climático urbano de Ourense, unha iniciativa piloto financiada ao 100% pola Xunta e cuxas obras comezaron precisamente onte.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas