CULTURA
Vimianzo MOLA: muralismo, oralidade, literatura, arte e memoria nun castelo de lenda
O evento cultural, promovido polo Concello e a Deputación, desenvolverase do 4 ao 6 de setembro

A alcaldesa e o vicepresidente da Deputación, no centro, na presentación de Vimianzo MOLA. / Cedida
Muralismo, oralidade, literatura, arte e memoria encherán de vida o castelo da capital de Soneira nunha nova edición do programa Vimianzo MOLA, que se desenvolverá do 4 ao 6 de setembro.
A iniciativa cultural, promovida polo Concello e a Deputación da Coruña, inclúe una Feira de Libros, que poderá visitarse no patio do castelo de Vimianzo durante toda a fin de semana.
O venres, día 4, a partir das 18.00 horas, o escritor fisterrán Modesto Fraga presentará A Biblioteca da Fisterranía e Pedras de Cartón protagonizará Os contos de Shakespeare. Unha hora despois, Julio Romero Suárez presentará A primeira dama e A Cova das Letras dará vida ao espectáculo de monicreques Costureiriña bonita.
A xornada pecharase co encontro Conversas a pé de páxina, a partir das 20.00 horas, no que participarán María Oruña e Arantza Portabales, e a xornalista Patricia Blanco, que exercerá de moderadora.
Conversas e sinaturas de libros
O sábado, día 5, terá lugar unha mesa de literatura xuvenil, con María Canosa, que presentará Dipnol e Anxo, e Anxo Mouzo Moreira, que dará a coñecer A princesa dourada. K'Paparota Teatro recreará o conto Latexos; a escritora Guadalupe Vázquez Formoso asinará exemplares do seu libro A voz silenciada; Trécola Producións presentará Kinetiko; e os escritores Alberto Lema e Rosalía Fernández Rial protagonizarán unha nova mesa de conversas.
O concerto Música para 6 poemas, de Benxamín Otero e Rafa Hernández, e unha visita teatralizada ao castelo a cargo dos Quinquilláns porán o peche á xornada.
O domingo, día 6, haberá novas visitas teatralizadas ás 12.00 e 17.00 horas, e presentacións literarias. Manuel Canosa Trillo dará a coñecer a súa obra Lope Sánchez de Moscoso, un vizconde no tempo de Enrique IV de Castela; Alberto Mancebo presentará Os 3 homes de Sartegua e José Pardiñas Alvite asinará exemplares do seu libro En vísperas de nada.
Noventa anos da expropiación do castelo
Vero Rilo presentará o espectáculo narrativo e musical Lavandeiras e Montse Fajardo, Luis Sánchez e Luis Lamela protagonizarán unha mesa redonda centrada na memoria histórica cando se cumpren 90 anos da expropiación do castelo de Vimianzo pola Corporación de Vimianzo en 1936.
A ampla programación complementarase con clubs de lectura e a creación de dous murais de arte urbana. Un deles, de gran formato, será pintado polo artista Cristian F. Caruncho na rúa Rosalía de Castro, de Vimianzo, e o segundo será un mural colaborativo a cargo de nenos e mozos.
Riqueza cultural nun concello pequeno
O programa foi presentado no castelo nun acto presidido pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. A rexedora subliñou que é un orgullo que "nun concello pequeno poidamos gozar desta riqueza cultural" e agradeceu o apoio do ente provincial para poder levar a cabo esta iniciativa.
Xosé Regueira destacou que na Costa da Morte "hai moito talento" e puxo en valor que a memoria teña tamén un oco importante na programación, "xa que falar de memoria é falar de cousas moi importantes, e máis nestes tempos escuros que estamos a vivir".
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson