INNOVACIÓN
Zas avanza no primeiro parque científico de Galicia impulsado por un concello
Será un espazo híbrido que combinará zonas de investigación, áreas destinadas a novas empresas e puntos verdes

O Concello ampliou o ano pasado unha das vías que dará acceso a futuro parque. / Cedida
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de avaliación ambiental estratéxica da Xunta e o alcalde, Manuel Muíño, destaca que se seguen "dando os pasos que hai que dar, completando trámites administrativos complexos para continuar avanzando neste proxecto".
O informe establece unha serie de requisitos que permitan favorecer a súa integración paisaxística e garantir a salvagarda dos valores do patrimonio cultural, así como outras condicións vinculadas ao abastecemento, a xestión das augas e ao impacto no tráfico.
Entre os aspectos recollidos na publicación destacan a introdución dunha zona verde continua na beira oeste do parque, que exercerá como barreira natural; a implantación de especies autóctonas nos novos espazos verdes; a realización dunha prospección arqueolóxica e a elaboración dun catálogo con todos os bens patrimoniais da zona.
Muíño sinala ao respecto que "todas as accións que impulsamos dende o Concello de Zas teñen en conta a riqueza da nosa contorna, polo que podemos asegurar que este proxecto estará aliñado coa sostibilidade que sempre defendemos".
Unha iniciativa única en Galicia
Só hai dous parques deste tipo en Galicia e 51 no territorio español, sendo este o primeiro promovido, executado e financiado exclusivamente por un concello en toda a comunidade. Como indica o rexedor, "normalmente son as comunidades autónomas ou o propio Estado os que sufragan estas actuacións, por iso este proxecto é tan singular e relevante".
Esta actuación, afirma, "axudará a situar o municipio como un dos principais referentes en materia de innovación no norte de Galicia, xa que é a única infraestrutura destas características na rexión". Ademais, o alcalde destaca que se tratará dun "espazo planificado ao detalle e pensado para resolver as necesidades reais dos actores que entrarán a formar parte del, co obxectivo de impulsar o tecido económico local e de toda a Costa da Morte".
Localización e características
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte estará situado na parroquia de Lamas, entre a estrada Baio-Zas e o río Grande, xunto ao polígono do Allo.
En canto ao deseño, será un espazo híbrido que combinará zonas de investigación, áreas destinadas a novas empresas e puntos verdes que favorecerán a integración na contorna natural.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»