A LARACHA
Caión vibra cos Rueiros da Vila entre música, tradición e talento local
A programación continuará ata o domingo con concertos, obradoiros e propostas para público familiar

Concerto do grupo The Majestics nun dos recunchos de Caión. / Cedida
A vila de Caión, da Laracha, vive uns días moi especiais con motivo da sexta edición dos Rueiros da Vila, que ata o domingo, día 23, traen música, historia, tradición, mar e gastronomía ás rúas, prazas e outros recunchos.
A xornada inaugural, "foi todo un éxito", segundo confirmou Borja Mahoney, representante de Sincro Audiovisual, empresa responsable da xestión do programa. Os nenos e nenas gozaron duns animados obradoiros de cianotipia impartidos por Iria do Castelo, e o grupo The Majestics fixo bailar coa súa música a pequenos e maiores no Escenario Cárcere Vello.

Concerto de The Majestics en Caión. / Cedida
"Estamos moi contentos pola gran participación de público en todas as propostas do primeiro día", afirmou Mahoney, quen agarda que a boa resposta se manteña toda a fin de semana.

Cartel promocional dos Rueiros da Vila de Caión. / Cedida
Esta tarde impártense os obradoiros Faino sonar, de música electrónica, da man de Frutas X e Miguel Valiña. Ás 20.00 horas, no Escenario Cárcere Vello actuará Mal Juicio e, ás 22.00 horas, comezará o concerto de Bestas no Escenario Patio.
A presenza de ambos grupos forma parte dunha das apostas destacadas desta sexta edición: o reforzo do talento musical local. De feito, tres formacións da Laracha están no cartel deste ano, unha presenza que se mantén desde as primeiras edicións dos Rueiros da Vila pero que este ano cobra especial relevancia.

Parte do público que asistiu ao concerto do grupo The Majestics. / Cedida
Mañá será a quenda para Delasenda, outra banda larachesa, e tamén actuarán Turbokraks e Mediarea. E o domingo, o broche final será con Amoebo.
Ademais, os Rueiros Pequeniños rematan o domingo co espectáculo de maxia de Marabijoshua.
Os Rueiros da Vila son unha iniciativa promovida polo Concello da Laracha e xestionada por Sincro Audiovisual coa colaboración da Deputación da Coruña, a Confraría de Pescadores de Caión e o Museo do Arquivo da Pesca.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas