Malpica mergúllase nas súas Festas do Mar con catro días de celebración
A vila de Bergantiños celebra do 20 ao 23 de agosto as súas Festas do Mar, con música, actividades para todas as idades e a tradicional procesión marítima da Virxe do Carme como gran protagonista

Embarcacións decoradas para a tradicional procesión marítima. / PABLO VERDES
Iker Cotón
Se hai algo polo que destaca a vila de Malpica, é a súa conexión co mar. Quizais sexa por iso que a vila costeira da comarca de Bergantiños celebra durante os últimos días de agosto as súas Festas do Mar. Estas celebracións nacen -ao igual que moitas festividades mariñeiras- da devoción á Virxe do Carme, a protectora dos mariñeiros e da xente do mar. Milleiros de persoas danse cita en Malpica para gozar dunha celebración imprescindible na axenda festiva dos bergantiñáns.

Festas do Mar de Malpica 2026
Festas do Mar de Malpica 2026A concelleira de Cultura e Patrimonio, Noelia Freijeiro, destaca esta relación da vila co mar: "O sector do mar é un dos sectores máis importantes de Malpica, sobre todo da vila, pero tamén das parroquias. Malpica foi un dos portos máis importantes de Galicia". O certo é que esta localidade costeira ten unha longa historia como porto, especialmente ligada á caza da balea.

Pintura de Urbano Lugrís que reivindica á vila como porto baleeiro. / Concello de Malpica
O programa
Malpica de Bergantiños celebra as súas Festas do Mar do 20 ao 23 de agosto, con catro xornadas nas que a tradición mariñeira vai da man man coa música e o clima de celebración. Os malpicáns toman as rúas durante catro días, este ambiente festivo é un dos reclamos das festas que destaca Noelia Freijeiro: "Xa sabemos que a xente de Malpica somos moi festeiros, e hai actividades para todas as idades".
O pistoletazo de saída a estas festas deuse onte, xoves 20, no travelfit do peirao de Malpica. La Bamba continou coa música da noite, antes de que DJ Roy puxese a vila a bailar cos mellores éxitos do verán e unha gran selección de clásicos.
As xornadas festivas continúan hoxe e desenvolveranse durante toda a fin de semana. O pasarrúas da A.C. Malante inaugurará a sesión de hoxe, venres 21. A continuación, terá lugar a sesión vermú do Dúo Venegay e, xa pola noite, a verbena estará amenizada por Los Platinos , seguida da sesión de DJs con Sara Pose e L. Macaro. O sábado 22 repetirase o pasarrúas da A.C. Malante, con Judith de Cundíns na sesión vermú, Grupo Alkar na verbena e a festa continuará coa Discomóbil CDC pola noite.
O domingo, derradeiro día das celebracións, contará novamente co pasarrúas da A.C. Malante. Ás 12:30 horas celebrarase a misa solemne, mentres que a sesión vermú correrá a cargo de Laura Añón, Eric Hidalgo e J.J. Compota. O momento central das festas chegará ás 17:30 horas, coa tradicional procesión marítima da Virxe do Carme, na que a imaxe percorrerá a costa acompañada polas embarcacións engalanadas.

Embarcación decorada con bandeiras para a procesión. / PABLO VERDES
Malpica surrealista
Á marxe destas festas, Malpica segue a ser un fantástico destino turístico para visitar durante o resto do ano. Noelia Freijeiro destaca "a beleza das praias salvaxes que temos, ademais da nosa paisaxe fermosísima".
Unha das actividades que calquera visitante pode facer na vila durante todo o ano é a ruta que segue os pasos de Urbano Lugrís, pintor surrealista do século pasado que estableceu unha relación moi especial coa vila de Malpica. Mediante varios códigos QR repartidos pola localidade, os visitantes poden descubrir a pegada desta fermosa vila na obra de Lugrís, ademais de percorrerla pasando por algúns dos seus recunchos máis fermosos.

'San Barandán', pintura de Urbano Lugrís. / Urbano Lugrís
As obras que este pintor lle dedicou aos pescadores de Malpica atópanse expostas na Casa do Pescador, un edificio no que a decoración corre a cargo do propio Urbano Lugrís.
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Cambio de tiempo en Galicia: un frente activo dejará lluvias generalizadas y un descenso de las temperaturas