Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Melloras en camiños e parques de Malpica: licitadas obras por máis de 130.000 euros

As actuacións centraranse en viais de Leiloio e Vilanova e no campo da festa de Santirso

O Concello acondicionará a contorna do campo da festa de San Tirso.

O Concello acondicionará a contorna do campo da festa de San Tirso. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Malpica

O Concello de Malpica ten actualmente en fase de licitación as obras de mellora do camiño de Pedrosa, na parroquia de Leiloio, e do vial que une Pontella con Beo, na parroquia de Vilanova, que serán financiadas coas axudas da Consellería do Medio Rural.

O proxecto contempla a renovación dos firmes, sen modificación substancial do trazado, co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade, accesibilidade e circulación para a veciñanza e para todas as persoas usuarias.

Tramos das vías que serán obxecto de mellora en Malpica.

Tramos das vías que serán obxecto de mellora en Malpica. / Cedida

O orzamento é de 81.725,34 euros, IVE incluído, e o prazo previsto para a execución dos traballos é de tres meses.

Desde o Concello de Malpica salienta a importancia destas actuacións "para mellorar as comunicacións e facilitar os desprazamentos diarios da veciñanza, ao tempo que se continúa avanzando na renovación das infraestruturas municipais e na mellora da calidade de vida nos diferentes núcleos do municipio".

Por outra banda, tamén está en fase de licitación o proxecto de rehabilitación do parque e do campo da festa de Santirso, na parroquia de Vilanova de Santirso. A actuación conta cun orzamento de 49.997,54 euros e foi incluída na solicitude presentada polo Concello á convocatoria de subvencións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Novos pavimentos de formigón e caucho

O proxecto contempla unha renovación dos firmes e dos pavimentos existentes, coa retirada dos actuais pavimentos de celosía de formigón e de caucho e a instalación de novos pavimentos continuos de formigón e caucho, adaptados ao uso do espazo.

Entre as actuacións previstas tamén se inclúen a limpeza e restauración ou substitución de pequenos elementos, a recuperación de pezas de madeira mediante os tratamentos necesarios e a reubicación dos colectores existentes entre o parque e o camiño.

Mellora dos espazos públicos

No caso das novas superficies, o proxecto prevé a colocación dun pavimento continuo de formigón con acabado de árido visto, así como un pavimento de caucho de absorción de impactos, con acabado en EPDM e a incorporación dun xogo pintado sobre o propio pavimento.

Desde o Concello de Malpica saliéntase a importancia de continuar investindo na mellora dos espazos públicos das parroquias, "dando resposta ás necesidades existentes e contribuíndo a que os núcleos rurais do municipio conten con equipamentos dignos, seguros e adecuados para o uso da veciñanza".

TEMAS

Tracking Pixel Contents