Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

COLABORACIÓN

Dumbría, Carnota e Mazaricos únense para impulsar o turismo científico no Monte Pindo

A Deputación da Coruña achegará 86.636 euros a unha iniciativa que busca atraer visitantes durante todo o ano

Xosé Regueira, esquerda, e Raúl González asinaron o convenio na Deputación.

Xosé Regueira, esquerda, e Raúl González asinaron o convenio na Deputación. / D. C.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Dumbría

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde de Dumbría, Raúl González Lado, asinaron un convenio de colaboración para que a entidade provincial financie con 86.636 euros o proxecto de turismo científico no Monte Pindo. Esta achega supón o 80% do orzamento total, que ascende a 108.295 euros e que Dumbría xestiona en representación conxunta cos municipios de Carnota e Mazaricos.

A iniciativa busca consolidar un modelo turístico de calidade e sostible vinculado ao coñecemento científico e ao coidado da contorna natural. Entre as actuacións previstas inclúense o servizo de consultoría turística, a elaboración e tradución de material de promoción e, sobre todo, a sinalización de tres itinerarios: a subida á Moa dende O Pindo, a ruta entre O Fieiro e A Moa, e o trazado Valdebois–Castelo de San Xurxo.

Atraer visitantes todo o ano

O vicepresidente destacou que este proxecto supón "unha aposta decidida pola excelencia e a diferenciación da nosa oferta turística, capaz de atraer visitantes durante todo o ano e de xerar novas oportunidades económicas no territorio".

Regueira sinalou ademais que "o Monte Pindo é un enclave único cuxa posta en valor debe ir da man do rigor científico, a seguridade nas rutas e a preservación do seu enorme patrimonio natural e cultural".

Regueira puxo igualmente o foco na dimensión territorial da iniciativa e na colaboración entre os concellos de Dumbría, Carnota e Mazaricos. "O Monte Pindo non entende de límites administrativos e a súa promoción tampouco debe facelo. A cooperación entre os tres concellos permite presentar este espazo como o que realmente é: un destino común, cun patrimonio natural e cultural extraordinario e con capacidade para xerar actividade económica e oportunidades para a poboación local", sinalou.

Tracking Pixel Contents