SERVIZOS
O Concello amplía a estrutura de Augas de Ames coa convocatoria de dous postos
Incorporará un técnico de xestión e un oficial de primeira co obxectivo de reforzar a entidade pública

O alcalde, Blas García, á esquerda, nunha xuntanza. / Cedida
Redacción
O Concello de Ames continúa avanzando no proceso de fortalecemento e ampliación da estrutura de persoal de Augas de Ames EPEL, entidade pública empresarial encargada da xestión directa dos servizos públicos que conforman o Ciclo Integral da Auga (CIA) no municipio.
Neste marco, o Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o pasado 18 de agosto as convocatorias e bases reguladoras de dous novos procesos selectivos para a incorporación dun técnico de xestión, en réxime de funcionario de carreira, e dunha praza de oficial de primeira de servizos, como persoal laboral indefinido. Ambas as prazas están incluídas na Oferta de Emprego Público de Augas de Ames correspondente ao ano 2026.
Adaptarse ás necesidades do servizo
A incorporación destas dúas prazas forma parte da aposta do Concello de Ames por seguir facendo medrar Augas de Ames EPEL, ampliar o cadro de persoal e consolidar progresivamente unha estrutura de persoal adecuada ás necesidades do servizo, avanzando ao mesmo tempo na definición do organigrama da entidade.
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, asegura que seguirán traballando "para completar progresivamente a estrutura de Augas de Ames e consolidar unha entidade pública con capacidade suficiente para afrontar os retos que ten por diante. O obxectivo último é claro: garantir a calidade e continuidade dun servizo básico como é o da auga".
Pola súa banda, o alcalde e presidente de Augas de Ames, Blas García, manifesta que "queremos dar os pasos para ampliar a capacidade organizativa e de persoal, e consolidar un cadro de persoal máis completo, estable e adaptado ás necesidades dunha entidade responsable dun servizo público esencial como é o Ciclo Integral da Auga".
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”