CLAUSURA
Do kaiak ao ioga: Correntes do Ulla despide unha edición chea de natureza e patrimonio
O programa conxunto de Vedra e Boqueixón reuniu actividades de deporte, voluntariado, sendeirismo e divulgación

Andaina celebrada en Vedra o pasado 2 de agosto. / Cedida
O programa Correntes do Ulla, que desenvolven conxuntamente os concellos de Vedra e Boqueixón, chegou á súa fin despois de case dous meses de actividades.
A primeira cita chegou a finais de xuño cun descenso en kaiak dende Ponteledesma ata a área de recreo de Agronovo, onde preto dun cento de persoas gozaron dunha divertida e entretida experiencia que sempre deixa gañas de máis.

Participantes no Campo de Voluntariado Monte Sacro. / Cedida
Despois foi a quenda para o Campo de Voluntariado Monte Sacro, no que do 21 de xullo ao 1 de agosto participaron 20 profesionais e persoas voluntarias de varios puntos de España: Estremadura, Burgos, Madrid, Cidade Real, Andalucía, Alacante ou Valencia, e tamén de México, para realizar traballos arqueolóxicos e ambientais.
Seguidamente o protagonismo foi para o sendeirismo, coa etapa vedresa do programa Goza do Ulla, cunha andaina celebrada en Vedra o pasado 2 de agosto, que reuniu a numerosas persoas para gozar da natureza, da paisaxe e do patrimonio da contorna da Vía da Prata e do río Ulla. A xornada desenvolveuse nun ambiente de convivencia e deporte. Unha cita xa consolidada que volveu ser todo un éxito de participación.

Participantes na Ruta polo Patrimonio Oculto de Vedra e Boqueixón: Arquitectura do Viño. / Cedida
Unha das novidades e apostas desta edición foi a Ruta polo Patrimonio Oculto de Vedra e Boqueixón: Arquitectura do Viño, unha oportunidade única para coñecer un pouco máis deste mundo en Vedra e ademais acompañado dunha cata-degustación que fixo do sábado 8 de agosto todo un acontecemento, que cubriu as 40 prazas dispoñibles.

Xornada de ioga na beira do río coa que se pechou o programa este ano. / Cedida
Para rematar, tocou unha tarde de ioga na beira do río, da man de Ana María García Liñares na área de recreo de Cubelas, en San Pedro de Sarandón, Vedra. Foi unha moi boa ocasión para mesturar a calma e espiritualidade da disciplina coa beleza única do lugar, que tamén cubriu as 20 prazas ofertadas.
O programa Correntes do Ulla rematou por este ano, pero ambos concellos traballan xa para repetilo e melloralo no verán de 2027.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»