SERVIZOS
O novo Punto de Atención á Infancia de Laxe abrirá en setembro con 11 nenos xa admitidos
O Concello adxudicou a xestión do servizo, que busca mellorar a conciliación e reforzar a atención á infancia no municipio

O Punto de Atención á Infancia estará ubicado na antiga escola, á dereita. / Google Maps
O Concello de Laxe dá un paso definitivo para a posta en marcha do seu novo Punto de Atención á Infancia (PAI). O alcalde, Francisco Charlín, asinou a resolución de adxudicación do contrato da empresa que se fará cargo da xestión do servizo, que comezará a funcionar no mes de setembro.
Trátase dun novo servizo que o goberno municipal conseguiu poñer en marcha, unha vez acondicionado e preparado o local no que se desenvolverá a actividade.
O PAI iniciará a súa andaina cunha importante resposta por parte das familias: 11 nenos e nenas xa foron admitidos, tal e como se fixo público a través da páxina web do Concello de Laxe.
Proposta máis vantaxosa
A xestión do servizo foi adxudicada á empresa Senes Cit S.L., ao presentar a proposta considerada máis vantaxosa para o Concello, tanto desde o punto de vista económico como pola súa proposta educativa e organizativa.
O alcalde destaca que a adxudicación permite "combinar dous obxectivos fundamentais: garantir a profesionalidade e a calidade do PAI e, ao mesmo tempo, facer unha utilización responsable e eficiente dos recursos públicos".
“Conseguimos unha empresa profesional para prestar un servizo que consideramos fundamental para as familias e fixémolo coa oferta máis vantaxosa. Aforrar non significa reducir a calidade: significa xestionar ben, porque os recursos que non é necesario gastar aquí poderán empregarse noutras melloras e servizos para Laxe", subliña Francisco Charlín.
Resposta con traballo e xestión
A posta en funcionamento do PAI "constitúe tamén unha resposta con feitos ás críticas e protestas que acompañaron o proceso durante os últimos meses. Mentres algúns se dedican á crítica permanente, nós preferimos responder con traballo, xestión e resultados", engade o rexedor.
Destaca especialmente "a rapidez" coa que se desenvolveu todo o procedemento unha vez preparado o espazo. "Había un compromiso coas familias e estamos cumpríndoo. O mellor xeito de demostrar o bo facer dun goberno é que os proxectos deixen de ser promesas e se convertan en realidades".
A creación do PAI supón un novo avance nos servizos municipais de conciliación e atención á infancia, "facilitando ás familias de Laxe a compatibilidade da vida laboral e familiar e ampliando os recursos públicos dispoñibles no municipio", conclúe Charlín.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson