TEATRO
Máis de 1.500 espectadores gozaron dos espectáculos de Á EsCEEna! en Cee
A vila da Xunqueira acolle esta semana unha nova edición de Cultura no Camiño

A compañía Malasombra presentando a súa versión de 'Bernarda'. / Cedida
Á EsCEEna! 2026 consolida a Cee como capital do teatro en Galicia durante o mes de agosto. Máis de 1.500 espectadores foron testemuñas de primeira man do éxito de cada unha das seis propostas que se puideron ver na vila da Xunqueira.
A maioría dos espectadores, chegados desde diferentes puntos da Costa da Morte, apostaron por retirar o abono para todas as funcións. A Semana do Teatro e das Artes Escénicas acolleu este ano os espectáculos das compañías Teatro do Noroeste, Verdeveras, Malasombra, La Griot´te e Noite Bohemia.

O público fixo cola para asistir ás funcións de AesCEEna! / Cedida
Sen pausa, a actividade cultural en Cee continúa esta semana con programación na rúa, na praza da Constitución, coa nova edición de Cultura no Camiño. A programación arranca hoxe, ás 20.00 horas, con Bandullo Azul, que presenta Miro e a Música das Cousas (A banda sonora dunha vida).
Mañá, martes día 25, A Xanela do Maxín presentará Lúa quere viaxar a... Marte!; o mércores 26 será a quenda de Música Miúda con Cambia o conto; o xoves 27, Dende Arriba deleitará aos asistentes cun espectáculo de acrobacia; e o venres 28 Especialistas Hípica Celta presentará Mystic Fire.
Danza de Galicia e Canarias
O Verán Cultural rematará o sábado 29 co II Intercambio Cultural de Danza Galicia-Gran Canaria, que terá lugar ás 20.00 horas no Auditorio Baldomero Cores. Organizado pola asociación cultural Novo Viana contará tamén coa participación do grupo A.F. Abenechara de Valleseco (Gran Canaria).
Ademais, ata finais de mes segue aberta ao público a exposición Entre as flores, de Mónica Coto.
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Hallan en el convento pontevedrés de Santa Clara un cerebro saponificado, restos de niños y el cadáver de un capellán
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia