SERVIZOS
Re-Inventándonos: Vimianzo abre un camiño de apoio a mulleres en situación de dificultade
O proxecto combinará acompañamento individual con espazos grupais para compartir experiencias e crear redes de apoio

A edil de Benestar Social, María José Pose, esquerda, e a alcaldesa, Mónica Rodríguez. / Cedida
O Concello de Vimianzo puxo en marcha o programa Re-Inventándonos, unha iniciativa dirixida a mulleres que se atopan en diferentes situacións de dificultade persoal, social ou laboral e que busca acompañalas na recuperación e fortalecemento dos seus proxectos vitais.
A iniciativa parte dunha idea fundamental: cada muller ten unha realidade, unhas necesidades e uns obxectivos diferentes, polo que ofrece un itinerario de acompañamento personalizado, adaptado ás circunstancias e intereses de cada participante dende a perspectiva de xénero.
Ao longo do programa traballaranse diferentes ámbitos que poden contribuír á mellora da súa situación e á construción de novas oportunidades, entre eles o desenvolvemento persoal, o benestar emocional, a autonomía, a orientación social e laboral, a formación e a definición de obxectivos persoais e profesionais.
Compartir experiencias
Ademais do acompañamento individual, o programa contará con actividades e espazos de traballo grupal que permitirán compartir experiencias, adquirir novas ferramentas e favorecer a creación de redes de apoio.
"Re-Inventándonos é, así, un espazo para facer balance, descubrir capacidades, establecer novos obxectivos e contar con acompañamento profesional durante o proceso", subliña a concelleira de Benestar Social, María José Pose.
Financiado pola Xunta e a Unión Europea
O programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), no marco das actuacións destinadas á promoción da igualdade e ao apoio a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
A iniciativa desenvolverase no Concello de Vimianzo durante os vindeiros meses, ofrecendo ás participantes un espazo de acompañamento e orientación adaptado ás súas necesidades dende a mirada de xénero.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»