Teo celebra 25 anos de tradición ecuestre cun gran concurso cabalar e espectáculo
A xornada, que terá lugar este domingo en Ribas, incluirá competicións morfolóxicas, exhibicións ecuestres, actividades infantís e un espectáculo de Duende Ecuestre

Feira cabalar do San Martiño, en Teo. / Antonio Hernández Ríos
Iker Cotón
O Concello de Teo celebrará este domingo 30 de agosto a XXV edición do famoso Concurso Morfolóxico Cabalar. O certame ecuestre celebrarase no lugar de Ribas, na parroquia de Oza.
Esta edición segue a reunir competicións morfolóxicas, exhibicións ecuestres e propostas para todos os públicos. Esta celebración complementarase con outras actividades como un amplo programa infantil e a XVI Concentración Ferrari Galicia. O espectáculo de Duende Ecuestre será o encargado de pechar a xornada cunha actuación protagonizada por Alberto Borjas, campión do Salón Internacional do Cabalo de Pura Raza Española (SICAB) 2025.
A entrada será libre e todas as actividades serán gratuitas. O certame está organizado pola Asociación Amigos do Cabalo de Teo en colaboración con numerosas empresas privadas que, un cuarto de século despois, seguen a apostar polo cabalo como gran protagonista de eventos culturais como os entroidos dos Xenerais da Ulla ou a Feira Cabalar do San Martiño de Francos, ambas declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia.
O programa
A apertura de inscricións será ás 8.30 horas da mañá. Os propietarios dos animais deberán entregar a carta de orixe á organización do evento para formalizar as inscricións. As exhibicións de poldros, percheróns, cabalos e eguas comezarán a partir das 10.00 horas nunha xornada marcada polas numerosas actividades ecuestres e que rematará coas famosas probas de arrastre e un espectáculo ecuestre de gran nivel.

Cartel do XXV Concurso Cabalar Teo. / Cedida
A rapazada poderá desfrutar de numerosas actividades como obradoiros de colgantes con motivos ecuestres, xogos populares e un parque de inchables.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson