PONTECESO
Xosé Regueira e Miguelanxo Prado, Premios Bos e Xenerosos de Honra do Festiletras
O vicepresidente da Deputación cualifica o festival como un "pequeno gran milagre"

Xosé Regueira, esquerda, José Manuel Mato, centro e José María Varela. / D. C.
O Festiletras, do Couto, en Ponteceso, distinguiu este ano cos Premios Bos e Xenerosos de Honra ao vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e ao ilustrador Miguelanxo Prado. Unha distinción coa que o festival quere poñer en valor o seu labor a prol da lingua, da cultura e da identidade galegas.
Nos actos participaron o alcalde, José Manuel Mato, e o presidente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé María Varela.
Dende o Festiletras destacan que Xosé Regueira representa unha forma de entender a defensa de Galicia baseada na participación, na implicación coa comunidade e no apoio constante ás iniciativas culturais que nacen desde o territorio.
Unha relación estreita
Ao longo dos anos, Xosé Regueira mantivo unha relación estreita co Festiletras e coa aldea do Couto, acompañando o festival nas súas diferentes etapas e compartindo ideas, tempo e afectos. Unha presenza continuada que, para a organización, transcende o apoio institucional e se converte nun vínculo persoal cunha celebración que reivindica a literatura, a música, a lingua e a cultura galegas desde o rural.
"Hai persoas que fan país desde a palabra, o compromiso e a xenerosidade cotiá. Xosé Regueira é unha delas", sinalaron os organizadores do Festiletras.
O apoio da Deputación da Coruña
Xosé Regueira agradeceu o recoñecemento "con humildade", recollendo o galardón "non só en nome propio, senón no da administración que realmente leva apoiando durante todos estes anos o Festiletras: a Deputación da Coruña".
"Sempre considerei este evento como un pequeno gran milagre e sempre crin nel e agora, coa carga que depositan sobre min, tamén como unha enorme responsabilidade", sinalou o vicepresidente provincial. "Para calquera pequena aldea do país é moito máis fácil montar un palco, traer unha orquestra ou un trío e facer unha verbena, que converter as súas eiras e camiños nunha referencia nacional de celebración das nosas letras, da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa identidade".
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas