Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

DUMBRÍA

Adiantan media hora os espectáculos audiovisuais da Fervenza do Ézaro

A partir do sábado, día 29, comezarán ás 22.00 horas e terán continuidade ata o 19 de setembro

Proxección audiovisual sobre a Fervenza do Ézaro na desembocadura do Xallas.

Proxección audiovisual sobre a Fervenza do Ézaro na desembocadura do Xallas. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Dumbría

O espectáculo audiovisual da Fervenza do Ézaro, en Dumbría, adianta o seu horario a partir desta fin de semana debido a que anoitece máis cedo.

Así, a partir do sábado 29, as proxeccións sobre a desembocadura do río Xallas comezarán ás 22.00 horas, media hora antes, e a última sesión rematará ás 00.00 horas, segundo informa o Concello.

Os espectáculos continuarán as tres primeiras fins de semana de setembro, concretamente os días 4, 5, 11, 12, 18 e 19.

Tracking Pixel Contents