Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

DEPORTE

De Cáceres, Valladolid, Lugo e Santiago a Laxe para gozar do volei-praia

O torneo organizado por Mareas Vivas bateu récord de participación na súa terceira edición, con 14 equipos

Integrantes dos tres equipos gañadores do torneo de Laxe.

Integrantes dos tres equipos gañadores do torneo de Laxe. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Laxe

A praia de Laxe non é só unha das preferidas para o baño polos visitantes que se achegan á Costa da Morte, senón que tamén acolle un concorrido torneo de volei-praia 3x3, que este ano acadou a súa terceira edición e bateu récord de participación: 14 equipos.

Máis de corenta deportistas chegados dende Cáceres, Valladolid, Lugo, Santiago, A Coruña, Carballo e tamén de Laxe competiron no torneo organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Mareas Vivas, que preside Maica Suena.

O equipo gañador foi o BCM, integrado por Brais Velo, de Carballo; Manuel Domínguez, de Laxe; e Candela Fernández Mira, de Lugo, que ademais foi elixida como a mellor xogadora do torneo.

Os representantes dos tres equipos gañadores, a dereita, cos premios.

Os representantes dos tres equipos gañadores, á dereita, cos premios. / Cedida

O segundo posto foi para Triple C, do que forman parte Darío Mira, de Laxe; Millán Lado, de Santiago; e Ángel Álvarez, de Santiago. Completou o podio o equipo Waydy, integrado por Xabier Gómez, de Laxe; Jorge Díaz, de Cáceres; e Xián Pérez, de Ledoño.

A presidenta de Mareas Vivas agradece o apoio recibido por parte do Concello de Laxe e dos patrocinadores, así como o labor dos voluntarios e voluntarias como Julia Cundíns, Valentín Lema, Uxío Bello, Lara Castro, Raúl, da confraría de pescadores, e a colaboración dos taxistas de Laxe "que nos prestaron a súa caseta para poder gardar as cousas".

Tracking Pixel Contents