Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Inscricións abertas para a Feira Labrega de Brión, que reunirá produtos locais, tradición e gastronomía

A cita será o domingo 20 de setembro na praza das polbeiras e incluirá obradoiros de oficios tradicionais, degustacións e actuacións musicais

Edición anterior da Feira Labrega de Brión.

Edición anterior da Feira Labrega de Brión. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

Xa está aberto o prazo de inscrición para a nova edición da Feira Labrega do Concello de Brión. Este espazo de exposición e venda de produtos frescos terá lugar o domingo 20 de setembro na praza das polbeiras, de 11.00 a 22.00 horas. Esta iniciativa acollerá ademais obradoiros de oficios tradicionais, degustacións gastronómicas de produtos locais e actuacións musicais.

A concelleira de Promoción Económica de Brión, Guarina Rey, explica que este espazo colaborativo celebrará tres xornadas de portas abertas para “sementar futuro e darlle maior visibilidade ao coworking entre o alumnado do CEIP de Pedrouzos e así tratar de captar novas persoas usuarias”. Con este obxectivo en mente, prevese que a rapazada do colexio brionés visite as instalacións de Monte Balado o martes 15, mércores 16 e xoves 17, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Coworking

Esta iniciativa enmárcase na segunda edición do Coworking Fest, que na súa primeira edición estivo dirixida tanto a persoal da Administración Local como a persoas que quixeran coñecer o funcionamento destas instalacións, que pertenecen á Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña.

Guarina Rey apunta que “coa Feira Labrega e as visitas ao coworking buscamos poñer en valor o noso sector primario e promover o comercio de produtos locais e sostibles”. Grazas a este espazo de traballo colaborativo, os produtos locais poden chegar ao mercado con todas as garantías sanitarias e cunha produción sostible.

O emprazamento da feira estará condicionado polas condicións meteorolóxicas, que o ano pasado obrigaron a trasladar estas actividades ao espazo colaborativo de Monte Balado.

A Feira Labrega de Brión está organizada polo Concello de Brión e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, da Unión Europea, do Xacobeo 2027, GDR Terras de Compostela, Xeodestino Terras de Santiago, Fundación Daniel & Nina Carasso e da asociación Daquídarredor.

Tracking Pixel Contents