Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PONTECESO

A aldea do Couto florece como exemplo de recuperación e vida no rural

Veciñanza, voluntariado e institucións melloran a paisaxe e incorporan máis de 300 árbores e plantas

Ángeles Vázquez, con José M. Mato, centro, e Xosé Mª Varela, no Couto.

Ángeles Vázquez, con José M. Mato, centro, e Xosé Mª Varela, no Couto. / MONCHO FUENTES

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ponteceso

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, supervisou, acompañada do alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, do presidente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé María Varela, e do director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia, Enrique Luis de Salvador, as accións desenvolvidas na aldea do Couto ao abeiro do proxecto Couto Florido.

Vázquez sinalou que se trata dun "exemplo dunha política ambiental útil que protexe a natureza, mellora a paisaxe, coida as persoas e aposta pola vida e o futuro no rural".

A responsable autonómica percorreu diferentes espazos do lugar para comprobar in situ os resultados das actuacións realizadas durante este mes de agosto a través da segunda edición da iniciativa de recuperación e dinamización do rural.

Contar coas experiencias de xente

Ángeles Vázquez destacou que as actuacións ambientais, desenvolvidas coa participación da veciñanza deste lugar e das persoas voluntarias, "serven para amosar ao resto de Galicia que revivir as zonas do rural é posible contando coas experiencias da xente".

Apelou ademais a "sentir orgullo pola implicación cidadá e de distintas entidades para querer reunirse, coidar o lugar no que viven e desenvolver diferentes actividades paisaxísticas, culturais e sociais".

O proxecto Couto Florido conta coa participación do Instituto de Estudos do Territorio (IET), a través da achega de 18.000 euros, e da Fundación Eduardo Pondal, con sede na propia aldea. A implicación institucional da Xunta de Galicia enmárcase no desenvolvemento da Estratexia Galega da Paisaxe 2030, ademais da posta en valor do patrimonio cultural, natural e paisaxístico e da restauración ecolóxica con solucións baseadas na natureza.

Para recuperar e mellorar a paisaxe da aldea do Couto, o proxecto impulsou a restauración ecolóxica e cultural do espazo público, implicando activamente a veciñanza no deseño e execución das intervencións. En concreto, a iniciativa aposta por un modelo sostible baseado en solucións naturais e culturais, reforzando a biodiversidade e a identidade local.

Intervencións do proxecto

A aldea do Couto recibe desde o 7 de agosto ducias de veciños, nenos, nenas, voluntarios e persoas que veñen desde distintos puntos do país para colaborar nas intervencións que se levan a cabo nesta segunda edición da iniciativa.

Neste caso, os traballos consisten na colocación dunha lona ao carón da estrada para eliminar o impacto visual na aldea, no pintado exterior da Casa dos Veciños, no branqueado dos muros do cemiterio parroquial e no pintado de portais e portalóns de aceiro galvanizado en cores tradicionais.

Ademais, renóvanse as macetas de barro e xardineiras de madeira, elimínase o peche superior de arame dos muros da praza da aldea, recupéranse as placas artesanais de barro cocido dos bancos e plántanse máis de 300 árbores e plantas.

TEMAS

Tracking Pixel Contents