Ames prepara a volta ao cole con sorteos de material escolar
O programa "Volta ao cole no comercio" desenvolverase con dúas xornadas en Bertamiráns e Milladoiro

Membros de XEA presentando o cartel. / Concello de Ames
Iker Cotón
Ames presenta unha nova edición das súas xornadas "Volta ao cole no comercio", unha iniciativa que ten como obxectivo a dinamización do comercio e a hostalaría local nos días previos ao comezo do curso escolar.
Realizaranse dúas xornadas. A primeira terá lugar na área de autocaravanas do Milladoiro, o martes 1 de setembro, e a segunda celebrarase no parque do Ameneiral de Bertamiráns, o xoves día 3. Organizaranse tardes lúdicas con actividades para a cativada, sorteos e premios. Ademais, levarase a cabo un sorteo especial de material escolar con cada compra realizada nalgún dos establecementos da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).
As xornadas desenvolveranse os dous días sinalados de 17.00 a 20.30 horas. Ao longo de toda a tarde, haberá diferentes actividades para os máis pequenos, divididas en función do curso escolar.

Cartel da "Volta ao Cole no Comercio" de Ames. / Concello de Ames
A xerente de XEA, Beatriz López, sinalou que “dende XEA estamos agradecidos de poder levar a cabo estas xornadas un ano máis. Esta será a quinta edición e o noso obxectivo principal é poder manter este evento durante moito tempo e poder afianzalo no calendario. Sempre tivo moi boa acollida, con moita afluencia de xente, e agardamos que este ano sexa igual”.
Á presentación asistiron a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; o presidente de XEA, Ramón Cordido; a xerente da XEA, Beatriz López; e o vogal da Xuntanza de Empresarios de Ames, Jorge López. Esta iniciativa está organizada por XEA en colaboración co Concello de Ames e a Xunta.
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos