MEDIO AMBIENTE
Carballo completa a auditoría ambiental das praias de Razo, Baldaio-Saíñas e Pedra do Sal
O proceso analiza a evolución dos indicadores e o cumprimento dos obxectivos de protección do litoral

O alcalde presidiu a reunión na que a empresa auditora trasladou os datos da auditoría. / C. C.
O Concello de Carballo vén de completar a auditoría anual da certificación ambiental EMAS das praias incluídas no seu ámbito: Razo, Baldaio-Saíñas e Pedra do Sal. Un proceso que permite avaliar de maneira independente o funcionamento do sistema municipal de xestión ambiental e comprobar tanto o cumprimento dos requisitos establecidos como a evolución dos obxectivos de mellora.
A auditoría desenvolveuse ao longo dos últimos días e concluíu coa reunión final de lectura dos resultados, na que a empresa auditora trasladou aos responsables municipais os aspectos detectados durante o proceso.
Na xuntanza participaron o alcalde, Daniel Pérez; o concelleiro de Medio Ambiente e Praias, Miguel Vales; o xefe de Protección Civil, Javier Souto; persoal técnico municipal de Medio Ambiente; e representantes da empresa auditora.
Declaración ambiental
O proceso de auditoría abrangue unha análise exhaustiva da Declaración Ambiental e da documentación e rexistros asociados ao sistema de xestión, así como comprobacións in situ nas praias que forman parte do ámbito EMAS.
Entre outros aspectos, avalíanse a evolución dos diferentes indicadores ambientais, a xestión dos residuos, os consumos de recursos, as emisións, o estado dos servizos e instalacións incluídos no sistema, a sinalización e información ambiental ou o cumprimento dos obxectivos establecidos.
As visitas aos areais permiten contrastar sobre o terreo a información recollida na documentación e verificar que a xestión realizada se corresponde cos procedementos establecidos polo Concello.
Cumprimento legal e resposta ante emerxencias
Outro dos aspectos fundamentais da auditoría é a comprobación do cumprimento dos requisitos legais aplicables e dos procedementos municipais de actuación ante posibles situacións de emerxencia ambiental.
Neste apartado revísanse os mecanismos previstos para responder ante incidencias que poidan afectar ás praias ou ás augas de baño e a coordinación entre os diferentes servizos municipais implicados.
O concelleiro de Medio Ambiente e Praias, Miguel Vales, destacou que «a auditoría é unha ferramenta moi útil porque nos permite comprobar cunha avaliación externa como está funcionando o sistema, detectar aspectos que podemos corrixir e, sobre todo, seguir avanzando na mellora da xestión ambiental das nosas praias».
Un dos principios fundamentais do sistema EMAS é a mellora continua do comportamento ambiental. Por iso, a auditoría non se limita a comprobar o cumprimento da normativa, senón que analiza a evolución da xestión respecto de exercicios anteriores e o grao de consecución dos obxectivos ambientais establecidos.
Medidas correctoras
Neste proceso tamén se teñen en conta as incidencias, queixas e suxestións recibidas e a resposta ofrecida polo Concello, así como as medidas correctoras ou de mellora que se vaian incorporando ao sistema.
Entre os indicadores analizados figuran tamén os relacionados cos consumos e as emisións, de maneira que as decisións adoptadas na prestación dos servizos poden avaliarse desde o punto de vista da súa eficiencia ambiental. Neste contexto, a redución do uso de maquinaria, cando resulta posible e axeitado, pode contribuír á diminución do consumo de combustible e das emisións de CO₂.
O alcalde, Daniel Pérez, salientou que «someterse cada ano a unha auditoría externa significa poñer a nosa xestión ambiental baixo exame e asumir o compromiso de seguir mellorándoa». Segundo indicou, «as praias son un dos grandes patrimonios naturais de Carballo e queremos que a súa xestión responda a criterios ambientais medibles, avaliables e cada vez máis esixentes».
Coa finalización da auditoría dáse un novo paso no proceso anual do sistema EMAS. A partir dos resultados obtidos e dos procedementos establecidos, continuarase coa validación da Declaración Ambiental e coa tramitación correspondente para o mantemento do rexistro EMAS ante o órgano ambiental competente.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson