EDUCACIÓN
Preocupación en Vimianzo pola redución de dous docentes no CEIP Baíñas
O BNG promoverá iniciativas parlamentarias e municipais para que Educación reconsidere a decisión

Colexio de Infantil e Primaria de Baíñas, no concello de Vimianzo. / BNG
O BNG de Vimianzo vén de mostrar a súa preocupación polo recorte de profesorado e unidades no CEIP Baíñas, logo de coñecer a orde publicada pola Consellería de Educación para o curso 2026-2027, que deixa o centro escolar con dous postos docentes menos, pasando de seis a catro, e con só tres unidades.
Esta situación, engaden, "obrigará a concentrar o alumnado de Infantil e Primaria nun menor número de grupos, o que pode dificultar a atención individualizada e a resposta ás diferentes necesidades educativas".
Restar oportunidades de futuro
Os nacionalistas consideran "especialmente preocupante" que este tipo de recortes afecten unha vez máis aos servizos públicos do rural. "A escola de Baíñas non é só un centro educativo: é un servizo fundamental para as familias e un elemento esencial para manter viva a parroquia", sinalan. Cren que "reducir os seus recursos significa tamén restarlle oportunidades e futuro".
Ante esta situación, o BNG promoverá "con carácter urxente as iniciativas necesarias a nivel parlamentario e municipal co obxectivo de reverter a situación". Reclamarán a Educación que reconsidere esta decisión e manteña os recursos docentes e as unidades necesarias "para garantir a calidade educativa no CEIP Baíñas".
Os nacionalistas entenden que "defender a escola pública no rural é defender o futuro das nosas parroquias".
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Hallan en el convento pontevedrés de Santa Clara un cerebro saponificado, restos de niños y el cadáver de un capellán
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia