Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ameixenda prepárase para unha fin de semana de festa

Charleston Big Band, o DJ Kike Varela e a disco móbil Chocolate; os principais nomes do cartel

Conxunto parroquial de Santa María.

Conxunto parroquial de Santa María. / Concello de Ames

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

A parroquia de Ameixenda, en Ames, celebrará esta fin de semana tres días de festa na honra de Santa Mariña. A veciñanza poderá desfrutar dunha programación na que destacan nomes de primeira liña como a Charleston Big Band, o DJ Kike Varela, o Grupo Alaska e a disco móbil Chocolate.

O venres 28 de agosto, unha misa acompañada pola Coral de Tapia e ofrecida pola familia Vázquez Pérez dará inicio ás celebracións, ás 13.00 horas. Ao remate da cerimonia, dará comezo a sesión vermú, amenizada pola actuación de Mariano. Pola noite, dará comezo a gran verbena coas actuacións da Charleston Big Band, a disco móbil Chocolate e o DJ Kike Varela.

O sábado 29, o Grupo Airiños ofrecerá un pasarrúas pola mañá, no Paseo de Colón, sempre que a climatoloxía acompañe. Ás 13.00 horas dará comezo a misa sabatina e, ao remate, dará comezo a sesión vermú coa actuación do Grupo Alaska. A cativada poderá desfrutar de inchables gratuítos. Xa pola noite, a verbena correrá a cargo do Trío Manhattan e, de novo, do Grupo Alaska.

O domingo 30 será o derradeiro día das festas de Ameixenda, que comezará cun pasarrúas a cargo de Retranqueiros, que tamén estará supeditado á climatoloxía. A familia Mato e Corral ofrecerá unha misa ás 13.15 horas e, posteriormente, os veciños e visitantes poderán gozar dunha sesión vermú amenizada pola charanga Os Jalácticos. Ao igual que o sábado, os máis pequenos poderán desfrutar de inchables gratuítos. A partir das 20.00 horas, Os Jalácticos volverán a ofrecer unha actuación, desta volta xunto a Quinkillada.

Tracking Pixel Contents