Brión retirará a ponte do Pozo Negro para instalar unha nova tras anos de deterioro
O Concello agarda as autorizacións sectoriais para acometer a actuación, mentres o BNG acusa o Goberno local de actuar tras a súa reclamación

Ponte da fervenza do Pozo Negro. / Turismo de Galicia
Iker Cotón
O Concello de Brión levará a cabo a instalación dunha nova ponte nas proximidades da fervenza do Pozo Negro, na parroquia de Ons.
A ponte actual foi construída pola veciñanza de Ons, coa axuda do Concello, hai aproximadamente 15 anos. A día de hoxe, esta construción presenta un evidente estado de deterioro e o Goberno local explica que, no momento da súa instalación, non se solicitou ningún tipo de permiso.
Augas de Galicia advertiu no seu momento de que a ponte non cumpría algúns dos requisitos de protección ambiental, xa que se atopaba nunha contorna vinculada á Rede Natura. Malia isto, o executivo municipal logrou que non se obrigase a retirala.
O Concello de Brión explica nas súas redes que «non é posible reparar a ponte sen máis», polo que o Goberno local levará a cabo unha restauración completa que cumpra coa normativa vixente e coas autorizacións sectoriais correspondentes. Xa se ordenou a retirada da ponte deteriorada e, dende o Concello, agardan a recepción das autorizacións sectoriais pertinentes e a instalación dunha nova ponte «tan pronto como sexan concedidos os permisos correspondentes».
Resposta do BNG
O BNG de Brión denuncia que «o Goberno local só actúa despois de que a formación nacionalista poña sobre a mesa os problemas da veciñanza» e emprega o caso da ponte do Pozo Negro como exemplo. O grupo municipal do Bloque explica que enviou un escrito ás 12.42 horas do mércores 26 de agosto reclamando a reparación da ponte, unha iniciativa que o Concello anunciaría nas súas redes ás 14.20 horas dese mesmo día.
Dende a formación nacionalista reclámanlle ao Goberno municipal «máis iniciativa e menos oposición á oposición», acusando ao executivo local de non anticiparse aos problemas e non darlles solución antes de que a oposición «lle marque constantemente a axenda».
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Hallan en el convento pontevedrés de Santa Clara un cerebro saponificado, restos de niños y el cadáver de un capellán
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia