Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

A escola infantil de Muxía terá máis espazo para o descanso dos bebés

As obras, financiadas con máis de 18.000 euros polo Consorcio Galego, estarán rematadas para o inicio do curso

Sar, esquerda, Picallo, Vilela e Rodríguez na escola infantil de Muxía.

Sar, esquerda, Picallo, Vilela e Rodríguez na escola infantil de Muxía. / X. G.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Muxía

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, supervisou o avance das obras de mellora da escola infantil de Muxía, acompañado polo alcalde, Javier Sar; a tenente de alcalde, Sandra Vilela; e a concelleira de Educación, Aurelia Picallo.

Perfecto Rodríguez explicou que os traballos que se están a levar a cabo na escola e que estarán concluídos para o inicio do curso escolar, o día 7 de setembro, mellorarán a súa actividade, garantindo un maior espazo para o descanso dos bebés. O ente autonómico financia con máis de 18.000 euros estas obras, que se encargou de contratar e executar o Concello.

A reforma consiste en ampliar a zona de descanso, que contará con novos pavimentos, teitos, acabados interiores e instalacións de electricidade e ventilación.

TEMAS

Tracking Pixel Contents