SERVIZOS
A Laracha inviste 50.000 euros na ampliación da rede de auga na parroquia de Erboedo
Levará a subministración á veciñanza dos lugares de Reirís e Vilarmaior

O alcalde, segundo esquerda, cos concelleiros e o responsable da empresa. / Cedida
O Concello da Laracha vén de adxudicar a execución do proxecto de ampliación da rede de abastecemento de auga entre os núcleos de Reirís e Vilarmaior, na parroquia de Erboedo, nunha actuación dirixida a continuar mellorando os servizos básicos no rural.
O alcalde, José Manuel López Varela, e o responsable da empresa que realizará as obras, Dámaso Ferreiro, realizaron hoxe, acompañados polos concelleiros Pablo Cambón e Juan Carlos Amado, o replanteo do proxecto sobre o terreo no que se actuará a partir dos próximos días.
Maior presión de caudal nos núcleos próximos
Ao tratarse de núcleos situados en zonas elevadas, requírese a instalación dun grupo de presión e dun depósito regulador en Reirís, así como ampliar a rede nunha lonxitude de 1.200 metros. Ademais de permitir a conexión das vivendas deses lugares á traída municipal, esta intervención tamén contribuirá a reforzar o servizo cunha maior presión de caudal noutros núcleos próximos, mellorando o funcionamento xeral da infraestrutura.
O investimento previsto ascende a preto de 50.000 euros e será cofinanciado entre o Concello e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ao abeiro da liña de subvencións de concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental.
Máis de 300 núcleos de poboación
"O Concello continúa realizando un importante esforzo para estender progresivamente os servizos básicos aos máis de 300 núcleos de poboación rural existentes no termo municipal, co convencemento de que ampliar a cobertura do abastecemento e saneamento, e manter en boas condicións a rede viaria, contribúe a mellorar a calidade de vida da veciñanza e favorece o equilibrio territorial no concello", subliña o alcalde.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas