Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rouban un quilómetro de cableado do alumeado público de Rois

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, reclama maior vixilancia policial para evitar novos roubos

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, acompañado do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Cobas, e un operario municipal.

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, acompañado do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Cobas, e un operario municipal. / CONCELLO DE ROIS

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

Esta madrugada tivo lugar o roubo de todo o cableado de cobre do alumeado público que ilumina a senda peonil que vai dende a AC-301 ata Seira, no concello de Rois. Tras levantar as arquetas da instalación soterrada, os ladróns fuxiron con case un quilómetro de cableado.

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, reclama maior presenza policial no municipio para evitar este tipo de hurtos, como o que se detectou esta noite na parroquia de Seira. O rexedor visitou a zona acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Cobas, e varios operarios municipais para comprobar os danos producidos antes de presentar a denuncia no cuartel da Garda Civil de Padrón.

Este roubo afecta a un tramo de case un quilómetro de lonxitude na senda peonil que discorre entre a rotonda da AC-301 e a aldea de Seira. “A veciñanza séntese indefensa. Pedímoslle á Delegación do Goberno que incremente a vixilancia policial no rural para evitar situacións coma esta”, asegura o alcalde de Rois.

“Máis alá do prexuízo económico para o Concello, que estamos a cuantificar, o principal problema é a sensación de inseguridade que ten a veciñanza”, asegura Ramón Tojo, que solicita á Delegación do Goberno en Galicia que incremente a vixilancia policial nun municipio rural como o de Rois.

TEMAS

Tracking Pixel Contents