Ames inaugura setembro coas Brincadeiras Miúdas do programa Apego
A xornada combinará música, baile, xogos tradicionais e obradoiros de creación de xoguetes na Carballeira dos Trasnos

Nenos e nenas na primeira edición de Gladiator Kids organizada polo Concello de Ames. / Concello de Ames
Iker Cotón
Ames celebrará o próximo mércores 2 de setembro as Brincadeiras Miúdas, cunha xornada de música, baile, xogos tradicionais e creación de xoguetes na Carballeira dos Trasnos dende as 18.00 horas. A iniciativa parte do programa Apego do Concello, que ofrece actividades de balde para o público familiar sen necesidade de inscrición previa.
O programa Apego presentará unha variada programación durante os próximos meses, incluíndo actividades como xogos, contos, obradoiros, música, cinema, teatro e maxia; todo isto co obxectivo de favorecer a transmisión da lingua e, ao mesmo tempo, fomentar unha educación en galego positiva e creativa.
As Brincadeiras Miúdas inaugurarán un programa pensado para todos os públicos, cunha tarde de actividades a cargo de Cé Orquestra Pantasma, un músico e mestre xogueteiro especializado en animación infantil, que achega á cativada á natureza con diferentes propostas lúdicas e musicais.

Cartel das Brincadeiras Miudas. / Cedida
O programa Apego é un proxecto de dinamización da lingua dirixido a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, que achega recursos e unha ampla proposta de actividades lúdicas e educativas. As persoas interesadas en sumarse a esta iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”