Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ZAS

As Torres do Allo serán o gran escaparate da artesanía galega co Mercado de San Ramón

Celebrarase o domingo ao redor dunha programación con música, regueifas, xogos, espectáculos e gastronomía

Un dos postos na feira de artesanía do Mercado de San Ramón nas Torres do Allo.

Un dos postos na feira de artesanía do Mercado de San Ramón nas Torres do Allo. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Zas

O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto o Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario as Torres do Allo entre as 11.00 e as 20.00 horas. A proposta busca converter este espazo patrimonial nun punto de encontro para a veciñanza e para todas aquelas persoas que se acheguen ao municipio para gozar dunha xornada dedicada á artesanía, á cultura e ao lecer.

O mercado contará cunha vintena de postos, nos que artesáns e creadores da terra amosarán os seus traballos e oficios. Ao longo da xornada tamén se desenvolverán diferentes actividades, entre elas unha demostración de fabricación de pandeiros a cargo de O Triskel de Vicente e un xogo de pistas.

Obradoiros e regueifas

A programación da mañá continuará ás 12.00 horas cun obradoiro de barro, para o que será necesario realizar inscrición previa chamando ao 981 751 398. Á mesma hora terá lugar a Loita de Regueifeiros Novos, conducida por Lupe Blanco.

Ás 14.00 horas chegará a sesión vermú, amenizada pola Charanga Tradicional Benofán. Ás 15.00 celebrarase a comida campestre, que este ano incorpora unha importante novidade, xa que haberá polbeira nas propias Torres do Allo.

Cartel promocional da visita teatralizada ás Torres do Allo.

Cartel promocional da visita teatralizada ás Torres do Allo. / Cedida

A actividade continuará pola tarde con propostas especialmente pensadas para o público familiar. Así, ás 17.00 horas darán comezo os xogos infantís, cun punto de encontro situado no xardín das Torres, mentres que ás 18.00 horas será a quenda do espectáculo familiar Consertasso na horta, de Brais das Hortas.

Como peche da programación, ás 19.30 horas terá lugar unha visita teatralizada ás Torres do Allo da man dos Quinquilláns. A proposta permitirá achegarse á historia e ao patrimonio deste emblemático espazo de Zas desde unha perspectiva diferente, combinando divulgación e entretemento.

Tracking Pixel Contents