A Baña recupera o Servizo de Normalización Lingüística
O servizo comarcal impulsará o uso do galego no concello e recuperará programas como Apego, Maimiños e Furabolos e o Club de Debate Alingua

Casa da Cultura en A Baña. / Cedida
Iker Cotón
O Concello de A Baña recupera o Servizo de Normalización Lingüística, que comeza unha nova etapa como servizo comarcal compartido co Concello de Negreira. Esta iniciativa ten como principal obxectivo impulsar a lingua galega nos diferentes ámbitos da vida municipal, coa intención de contribuír ao aumento do prestixio social do galego como lingua.
Este servizo tamén pretende retomar o programa Apego, orientado á promoción do uso do galego desde a infancia, xunto co proxecto Maimiños e Furabolos. A programación incluirá, ademais, o Club de Debate Alingua, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar o uso oral do galego entre a mocidade, mellorando á vez a capacidade argumentativa e o pensamento crítico.
Outro dos obxectivos da iniciativa centrarase no acollemento lingüístico, mediante a organización de cursos e grupos de conversa en lingua galega destinados a facilitar a aprendizaxe, a práctica e o uso cotián do idioma.
Dende o Concello consideran que este servizo é unha ferramenta importante para desenvolver novas accións de dinamización da lingua galega, especialmente durante as primeiras etapas da vida. O Goberno municipal dará a coñecer durante as vindeiras semanas os detalles dos diferentes programas e actividades do Servizo de Normalización Lingüística.
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Cambio de tiempo en Galicia: un frente activo dejará lluvias generalizadas y un descenso de las temperaturas