O BNG de Ames recupera a memoria dos Homiños de Boimorto, inmortais 90 anos despois do seu asasinato
Representantes do Bloque e familiares dos represaliados reclaman que ningún crime quede sen castigo
Tamén avogan porque a sociedade democrática censure aos verdugos, e piden a implicación do PSOE

Alejandra Tojo e Lucía Filloy depositan un ramo na memoria dos Homiños de Boimorto durante o acto organizado polo BNG de Ames / BNG
O BNG de Ames rendeu homenaxe ao Homiños de Boimorto, asasinados polo franquismo. E tivo lugar na carballeira de Ortoño, intervindo Xosé Luís Rivas Cruz Mini, concelleiro do BNG de Boimorto, Alejandra Barco Tojo, bisneta do represaliado José Tojo e Escarlata Pampín López, voceira do BNG de Ames. Os numerosos asistentes puxeron de manifesto o interese da veciñanza en denunciar os feitos e evitar que vítimas da represión fascista queden no esquecemento.
Suposto auxe
O acto, segundo o Bloque, serviu tamén para evidenciar o auxe dun neofascismo que quere volvernos para atrás, que está promovendo guerras, discursos de odio e o branqueamento da ditadura franquista. “Ese branqueamento non é pasado: é un aviso. Quen banaliza o franquismo está abrindo a porta á intolerancia, á violencia, á xenofobia e en definitiva, está ameazando á democracia e ós dereitos humanos” subliñou Escarlata Pampín.
“Agora, noventa anos despois, séntense incómodos coa lei de Memoria Democrática, con isto das exhumacións e con que queiramos recuperar e render memoria e recoñecemento a quen foron asasinados vil e covardemente”, afirmou Xosé Luis Rivas “Mini”. “Cumprimos e cumpriremos coa nosa obriga para coa verdade. Ningún crime debe quedar sen castigo, que alomenos teña a carga de censura que unha sociedade democrática debe exercer sobre os verdugos”, recalcou.
Sen mollarse
Neste sentido, a voceira do BNG de Ames sinalou que “sorpréndenos e dóenos a falta de implicación do goberno do PSOE amesán que semella non entender a importancia de dignificar esta memoria colectiva” e engadiu “porque nós non imos aceptar o silencio que outros permiten. Mentres teñamos voz, non haberá esquecemento nin impunidade.”
“Din que, mentres un non esqueza a alguén, seguirá vivo dalgún xeito. A mediados de agosto do 36 asasinaron a meu bisavó. Asasinaron aos Homiños de Boimorto. Noventa anos despois son inmortais” aseverou Alejandra Tojo.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»