Boqueixón alerta do uso inadecuado do Punto Limpo Móbil
O Concello denuncia o abandono de pinturas, mobles, fiestras e mesmo un futbolín fóra dos colectores habilitados

Estado do punto limpo de Boqueixón. / Cedida
Iker Cotón
O Concello de Boqueixón emite un comunicado lamentando o uso inadecuado do Punto Limpo Móbil. O executivo municipal adxunta unha imaxe na que se poden observar refugallos de pintura, cadeiras, restos de mobles, fiestras e ata un vello futbolín.
O Goberno municipal lembra que ningún destes elementos pode tirarse no Punto Limpo Móbil, un servizo que se puxo en marcha en 2022 para facilitar a reciclaxe entre a veciñanza. Neste espazo só se debe depositar papel e cartón, pequenos electrodomésticos, aceites usados, envases de plástico-latas e briks, lámpadas fluorescentes, envases de vidro, pilas e baterías e roupa e calzado.

Estado do punto limpo de Boqueixón. / Cedida
O Concello lembra tamén o deber dos usuarios de depositar correctamente o lixo en cadanseu contedor, lamentando que algunhas persoas deixen os residuos tirados no chan. Esta acción pode ocasionar graves problemas tanto ao medio ambiente como á saúde dos veciños da zona: "Basta pensar nos restos de pintura que as choivas desta noite puideron arrastrar", din no comunicado.
O Goberno municipal lembra que existe un servizo de recollida porta a porta todos os mércores para calquera usuario que precise trasladar residuos de tamaño superior ao que entra nun coche. O Punto Limpo Móbil de Boqueixón atópase operativo os mércores de 16.00 a 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Hallan en el convento pontevedrés de Santa Clara un cerebro saponificado, restos de niños y el cadáver de un capellán
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia