Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Padrón busca reabrir a sala de espera da estación da Matanza antes de que remate o ano

O Concello solicita orzamentos para acondicionar o espazo, instalar portas automatizadas e cámaras de videovixilancia e recuperar os aseos da estación

Estación de tren de Padrón.

Estación de tren de Padrón. / M. Méndez

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O Concello de Padrón busca orzamentos para acondicionar e reabrir a sala de espera da estación de tren da Matanza. A sala leva anos pechada malia a afluencia de persoas que utilizan diariamente esta estación.

O proxecto contempla a instalación de portas automatizadas que funcionen segundo o horario dos trens, cámaras de videovixilancia e asentos de espera. Tamén se prevén pequenos traballos de pintura e acondicionamento do espazo. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, explica que “non sería un grande investimento” e suporía unha mellora importante para as persoas usuarias, que terían un lugar cuberto no que protexerse do frío e da choiva, especialmente durante o inverno.

O Concello solicitará formalmente a autorización dos organismos responsables da estación unha vez coñecido o custo da actuación, co obxectivo de poder reabrir a sala antes de que remate o ano. O rexedor padronés asegura que tamén se estudará a posibilidade de recuperar os aseos, sempre que resulte viable garantir a súa limpeza e mantemento.

Tracking Pixel Contents